Actualidade
Espina y Delfín vai a realizar o corte no suministro o vindeiro mércores día 11 de febreiro entre as 9:00 e as 12:00 horas, motivado por melloras na rede de abastecemento.
Zonas afectadas: Pau do Lobo, Tourío, O Penzo, Costabella e zonas rurais anexas.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ven de comunicar en relación a obra de substitución de cuberta no CPI Plurilingüe O Cruce, que a data prevista para o inicio dos traballos é a primeira quincena do mes de abril.
Mantense como zona tampón a parroquia das Encrobas (San Román), no concello de Cerceda.
RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se actualizan as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena da Tecia solanivora Povolny, ou couza guatemalteca da pataca, na Comunidade Autónoma de Galicia.
As operadoras de telefonía móbil, anunciaron que nas próximas semanas levarán a cabo o proceso de implantación de servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 800 e 700 MHz en Cerceda, o que permitirá dispor de conexións móbiles de alta velocidade con mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.
Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), LLega700 é a entidade posta en marcha polas operadoras para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.
O proceso de implantación estase realizando de xeito paulatino por toda a xeografía nacional. Para consultar as localidades nas que xa están activos estes servizos, pódese consultar a seguinte ligazón: https://www.llega700.es/contacto_mapa.php
Teléfono gratuito de atención ó cidadán: 900 833 999
www.llega700.es
Ver ou descargar documento informativo completo (pdf)

O Concello de Cerceda puxo en marcha o proxecto Sendeiro peonil e ciclista entre Ribasoutas e Xermar na AC 400 (Concello de Cerceda) ao abeiro da convocatoria que regula a concesión directa de axudas para investimentos en proxectos locais singulares de enerxía limpa en concellos con desafíos demográficos (PROGRAMA DUS 5000), no marco do Programa de Rexeneración e Desafío Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia .../...

Esta semana producirse unha reunión entre o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, persoal técnico do Concello e representantes da empresa Coventina Renovables. Na mesma, a empresa achegou, no prazo de 6 meses, tal e como tiña comprometido, o anteproxecto de abastecemento de auga á urbanización de Monte Xalo.
Trátase dunha obra que ascendería a día de hoxe a 219.273,94€ máis IVE, unha cifra que será integramente sufragada pola empresa no caso de que o proxecto da central hidroeléctrica de bombeo reversible vexa a luz.
O destino do aproveitamento é o abastecemento da poboación, cun caudal de auga de 12,5 litros por segundo, 45m³/h, con 8 horas de bombeo ao día. O volume máximo anual será de 43.200m³, cunhas augas que se derivarán da balsa superior da central hidroeléctrica, procedentes á súa vez do lago das Encrobas. A solución adoptada ten en conta, ademais, un posible incremento da poboación no futuro.
O citado documento describe as obras que conforman o novo abastecemento de auga á urbanización Monte Xalo coa definición necesaria para abordar o seguinte trámite: solicitar a concesión de augas para o abastecemento á poboación, segundo o regulamento do Dominio Público Hidráulico.
A actuación enmárcase nun convenio entre a empresa e o Concello de Cerceda que tamén fai fincapé en compromisos en favor da formación, do emprego local e solucións de autoconsumo para o consistorio.
O alcalde sostivo que "esta obtención é fiel a unha filosofía de equilibrio e progreso sempre presente na nosa acción política. Os proxectos enerxéticos, dentro do cumprimento en materia medioambiental e urbanística, son unha oportunidade de retorno fiscal, emprego e, en definitiva, potenciación do interese público. É unha filosofía que abandeiramos con determinación"
Segundo a empresa, “esta é unha das primeiras iniciativas que prevé desenvolver na zona, reafirmando o seu compromiso coa mellora do entorno e coa xeración dun impacto positivo na comunidade”.
Tal e como lle foi comunicado ao seu Concello, tras o inicio do servizo de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) na zona, podían producirse afectacións na recepción de televisión dixital terrestre (TDT).
Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade LLEGA700 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuíto para os cidadáns afectados.
De acordo á Orde Ministerial1 que regula este proceso, o prazo para solicitar as actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios de TDT, é de seis meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil.
Mediante a presente comunicación informámoslle que está a piques de finalizar o prazo habilitado de 6 meses, desde o aceso dunha ou varias das estacións que afectan o seu municipio, para resolver incidencias na recepción da TDT sen custo para os cidadáns.
Non obstante o anterior, infórmase que o 31-01-2026, finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos de 4G e 5G.
No futuro, no seu municipio poderíanse acender novas estacións base de telefonía móbil, se así o considerasen necesario os operadores para mellorar este servizo, nese caso volveríase a informar o seu Concello e atenderíanse de forma gratuíta as incidencias que se producisen, abríndose un novo prazo de seis meses desde a data de aceso.
En caso de calquera dúbida ou de requirir información máis detallada sobre as estacións do seu municipio pode chamar ao teléfono gratuíto da Oficina Técnica de Concellos de LLEGA700, 900 831 902, onde se lle facilitará toda a información referente ás posibles afectacións ocasionadas por estacións base de telefonía móbil no seu municipio ou en municipios lindeiros.
Lembramos que para poder atender no centro de atención ao usuario e poder resolver as incidencias, terán que comunicarse ao teléfono gratuíto 900 833 999.
O Concello de Cerceda adxudicará a substitución do céspede artificial do Campo de Fútbol do Roxo cunha previsión económica de 312.781, 94 euros, nuns traballos que mellorarán non só a usabilidade, tamén a calidade medioambiental destas instalacións.
Presenta unhas dimensións de de 105,5 metros de largo por 69,2 metros de ancho, é dicir, unha superficie total de 7.300 metros cadrados. Estímase que as obras comecen durante a tempada estival, estando preparada para comezar a tempada 2026/2027.
Nos últimos anos avanzouse moito na tecnoloxía dos campos de fútbol artificiais, creando solucións que proporcionan sensacións máis próximas ás obtidas en campos de fútbol de herba natural, cunhas prestacións técnicas e deportivas moi boas, máis ecolóxicas e máis durables ao longo do tempo.
O pavimento a instalar é de última xeración, deseñado para a práctica do balompé e fabricado mediante o sistema tufting en zig-zag, cosida a máquina e cun mínimo de 8150 puntadas por metro cadrado, con filamentos de céspede en verde a dúas cores. As marcas dos campos de fútbol 11 e fútbol 7 levarase a cabo segundo os criterios indicados pola RFEF e a dirección de obra.
O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, sinala que “trátase dunha intervención moi necesaria nunhas instalacións que son epicentro deportivo. Non só de Cerceda, senón da comarca. Estamos ansiosos de ver colmada esta actuación, ofrecendo así unha resposta adecuada ás necesidades e situando o complexo do Roxo nun nivel de excelencia. A burocracia é lenta, pero tal e como aconteceu e acontecerá en máis espazos, a xestión e a paciencia dan os seus froitos.”


