Servizos sociais

ACCIÓN FORMATIVA: ENREDANDO

“ ENREDANDO” Dende a Mancomunidade de municipios de Ordes, en coordinación co Departamento de Benestar Social do Concello de Cerceda, levarase a cabo a acción formativa “ ENREDANDO”. ¿ Que é ? É unha acción formativa que estará estruturada nun formato de curso de varios módulos sobre aspectos sociais e laborais. Os módulos que versan sobre o social e laboral serán os seguintes: -O que nos rodea: habilidades sociais, afectividade, auto coñecemento -O mundo dixital: uso de internet, cultura dixital, certificados dixitais - As habilidades: habilidades prelaborais, entrevistas de traballo, presentación, interacción en grupo - As ferramentas dixitais: aplicacións para a procura de traballo.   ¿ Onde se realizaría? A localización será unha aula de informática do centro cívico de Cerceda. ¿ Cal sería a duración e o horario de realización? O curso realizaríase en setembro, dende o xoves 12 ao venres 27. Cunha carga lectiva de 3 horas diarias de formación. O horario sería de 17:00 a 20:00 hs. ¿ Onde anotarse? Poden anotarse no departamento de benestar social do Concello de Cerceda no telf. 981 68 60 68 ou ben na Mancomunidade de Ordes no telf. 981 68 21 08. Attachments:
Cartel ENREDANDO.jpg

SERVIZO " BOS DÍAS COLE" CURSO 2019 - 2020

O servizo Bos Días Cole, empezará a funcionar no CPI “ O Cruce”, desde o día 11 de setembro desde ás 8.00 de mañá, para os menores que o solicitaron . Infórmase que no caso de precisar dito servizo ao longo do curso escolar, teñen que achegarse ao edificio do Concello e solicitalo por rexistro. Para máis información, poden chamar ao 981 68 60 68, ou ben acudir ao Departamento de Benestar Social, sito no 3º andar do edificio municipal.

Publicación das listaxes coas solicitudes completas e pendentes de emendar documentación para as axudas de material escolar. Curso 2019-2020

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario para o curso 2019/2020, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o Departamento de Servizos Sociais elaborou o informe proposta da resolución provisional das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación. Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 9.1 das bases da convocatoria disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida. No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas.   Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 686 068 Attachments:
LISTAXE DE SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS CURSO 2019-2020.pdf

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR

Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cerceda, colaborarase coa Fundación Amigos de Galicia, na recollida de material escolar. O prazo para a poboación que queira colaborar coa donación de material escolar, remata o día 23 de agosto. O lugar de recollida é no terceiro andar do edificio municipal, no departamento de Servizos Sociais. O material que mais se precisa son: gomas, tesoiras, carpetas, libretas, mochilas... Para mais información poden chamar ao telf. 981 68 60 68   .

Inscripción no Servizo Bos Días Cole

Publicación da listaxe provisional do alumnado admitido e en agarda na escola infantil municipal. Curso 2019-2020

Con data 30 de maio de 2019 reuniuse a  Comisión de Baremación, Coordinación e Seguimento da Escola Infantil Municipal Os Pillabáns para a resolución das solicitudes de reserva de praza e de novo ingreso para o curso 2019/2020. Valoradas as solicitudes de reserva de praza e baremadas as de novo ingreso, adxudicaronse as prazas segundo a puntuación obtida e atendendo aos criterios de prioridade establecidos no Artigo 14 do Regulamento da escola infantil municipal (BOP nº 75, do 21 de abril de 2017). As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de dez días naturais a contar a partir da data desta publicación. Attachments:
LISTAXE ADMITIDOS E EN AGARDA CURSO 2019-2020.pdf

Solicitude de praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2019/2020. Prazo de solicitude do 15 o 30 de abril.

Do 15 o 30 de abril abre o prazo de solicitude de praza na escola infantil municipal Os Pillabáns para o curso 2019-2020. Documentación que debe achegar xunto co modelo de solicitude: 1. DNI dos pais/nais/titores/as. 2. Libro de familia (todas as paxinas dos membros da unidade familiar) 3. Autorización para que o Concello recabe os datos tributarios relativos ó nivel de renda (inclúese no modelo de solicitude) 4. Xustificantes de ocupación ou desemprego:      - Empregados/as: última nómina ou certificado de empresa      -Desempregados/as: certificado de desemprego 5. IBAN bancario 6. Tarxeta sanitaria do/a alumno/a   Outros casos:   - Certificado de minusvalidez   - Certificado médico no caso de enfermedades crónicas ou outras afeccións   - Documentación que acredite as situacións de separacións, abandono do fogar, etc.   IMPORTANTE: AO ENTREGAR A SOLICITUDE NO REXISTRO DEBERÁ PRESENTAR OS DOCUMENTOS ORIXINAIS.     Attachments:
SOLICITUDE PRAZA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL.pdf

Programa de benestar a través da talasoterapia 2019

Programa de benestar a través da talasoterapia 2019

 

 

Persoas beneficiarias e requisitos

  1. Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  2. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
  4. Non padecer alteracións do comportamento que podan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos de talasoterapia.
  6. Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos talasos e quenda solicitada.


Servizos e prestacións que se inclúen

  1. Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
  2. Acceso diario ao circuíto mariño
  3. Póliza colectiva de seguro turístico
As persoas beneficiarias que estean interesadas en aloxarse en habitación individual, no caso de que houbese dispoñibilidade, teranse que facer cargo da diferenza do custo que supoña, e as que precisen dalgún tipo de apoio ou dieta especial terano que indicar no momento de presentar a solicitude e acreditalo ao incorporarse á quenda. As persoas beneficiarias que estean interesadas en participar nas excursións ou actividades con custo adicional que organice o establecemento hoteleiro ou residencial terano que facer polos seus propios medios e ao seu cargo. O desprazamento desde o domicilio ata o talaso, así como o de regreso, será por conta das persoas beneficiarias, sen prexuízo de que se poidan acoller ás facilidades para o transporte que oferte o establecemento, de ser o caso.

Documentación

Solicitude anexo I os anexos II e III, se procede, a seguinte documentación:
  1. Copia compulsada do pasaporte, se procede, relativa á persoa solicitante e, se fose o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.
  2. Copia do libro de familia da persoa solicitante no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.
  3. Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado non fose expedido pola Xunta de Galicia ou non estivese no poder desta.
  4. Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.
  5. Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial (tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual...).

Prazo de presentación

Un mes desde o día seguinte á publicación da orde no DOG. Ata o 2 de maio de 2019.

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk