Servizos sociais

Benestar en balnearios 2018. Aberto o prazo de solicitude.

Dende hoxe, 18 de abril, está aberto o prazo de solicitude do Programa benestar en Balnearios 2018. Os solicitantes deberán ser maiores de 60 anos, ou de 55 se reunen a condición de pensionistas do sistema da Seguridade Social. Poderán ir acompañados/as do seu cónxuxe ou fillo/a con discapacidade. As quendas teñen unha duración do 10 días (9 noites), realizanse en réxime de epnsión completa e desenvolveranse entre o mes de maio a outubro de 2018. O prazo de presentación de solicitudes é: - ata o 16 de maio, para as quendas de maio a xuño. - ata o 31 de maio, para as quendas de xullo a outubro. Previsiblemente na primeira quincena de xuño, sairá una nova convocatoria de prazas en Talasos de Galicia, cunha duración de 6 días (5 noites), con quendas para o último trimestre do ano. Attachments:
programa_balnearios_gallego_2018.compressed.pdf

Aberto o prazo de solicitude das axudas económicas por fillos/as menores de tres anos.

Dende hoxe, día 1 de febreiro e ata o 21 de marzo está aberto o prazo de solicitude da prestación económica de pago único por fillas e fillos menores de tres anos. Poden beneficiarse destas axudas aquelas persoas con fillas e fillos menores de tres anos a 1 de xaneiro de 2018, é dicir, as nacidas e nacidos entre o 02/01/2015 e o 01/01/2018. E con fillos e fillas adoptadas ou acollidas entre o 31/12/2016 e 31/12/2017. Para poder beneficiarse desta prestación económica, os membors da unidade familiar non deben ter feita a declaración da renda do exercicio 2016, sexa de forma obrigatoria ou voluntaria. Contía da axuda:
  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros
Normativa: Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018. (BS410A). (DOG nº 22 do 31/01/2018) Máis información nos Servizos Sociais do concello. Teléfono: 981 68 60 68. Attachments:
solicitude prestacion menores 3 anos.pdf

Viaxe a Corcubión, sábado 21 de abril de 2018

Dende o Concello de Cerceda, organizase para o sábado 21 de abril de 2018, unha viaxe a Corcubión co seguinte programa: 09.00h.- SAÍDA DE DIANTE DO MUSEO DO MOUCHO.
- VISITA AO CASCO HISTORICO DE CORCUBIÓN
- VISITA AO ÉZARO
14.00h.- XANTAR
16.00h.- BAILE
19.00h.- SAÍDA PARA CERCEDA
* O programa pode sufrir variacións, antes ou durante a viaxe. Para mais información, pode acudir o edificio municipal 3º andar, ou ben chamar ao 981 68 60 68.

Viaxe a Extremadura, do 21 ao 24 de Marzo de 2018

Dende o Concello de Cerceda, abriuse o prazo, para a Viaxe a Extremadura, dos días 21 ao 24 de marzo de 2018. O programa, recolle varios aspectos a destacar tales como:
-    Guía Oficial para visita de Mérida, Cáceres, Trujillo e Plasencia.-   -    Entradas en monumentos emblemáticos: o Castelo árabe, Casa Museo Pizarro, Igrexa de Santiago, Aljibe Altamirano, Igrexa de Santa María.
o    Teatro e Anfiteatro Romano, Alcazaba, Casa del Mitreo e Área Funeraria, Área Arqueolóxica de Moreira e Circo Romano.
o    Palacio dos Golfines de Abaixo.
o    O Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe. O prezo por persoa en habitación dobre, é de : 295 €. O prezo por habitación individual é de: 355 € Para mais información poden acudir o 3º andar do edificio municipal, ou ben chamar ao 981 68 60 68. Attachments:
VIAXE A EXTREMADURA pagina 2.pdf

ACTUACIÓNS DE INVESTIMENTOS PARA A MELLORA DA ESCOLA INFANTIL "OS PILLABÁNS"

O Concello de Cerceda co cofinanciamento da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e do Fondo Social Europeo, executou unha serie de melloras na Escola Infantil “Os Pillabáns”. A través da convocatoria de concesión de axudas para o investimento na mellora de infraestructuras e do equipamento da escolas infantís, da Consellería de Política Social, de 32 de maio de 2017, o concello acometeu a cubrición do patio exterior da escola infantil, o que vai permitir unha optimización da zona de xogos e esparcimento dos/as nenos e nenas, subvenciona en 20.000 euros pola administración autonómica.Con esta convocatoria tamén se fixo unha inversión en equipamento en material audivisual e material educativo de aprendizaxe subvencionado con 8.639,85 euros.

Viaxe a Santiago de Compostela, venres 9 de marzo 2018

O Concello de Cerceda, dende o Departamento de Servizos Sociais, tivo que realizar un cambio na data da viaxe, que queda marcada para o venres seguinte, día 9 a Santiago de Compostela, co seguinte programa: 09.00hs -Saída de diante do Museo do Moucho    Visita ao Museo do Traxe Juanjo Linares     Visita ao Parlamento de Galicia 14.00hs - Xantar no restaurante " Os Robles"               Sopa               Cocido               Postres caseiros, café , auga e refrescos 16.00hs Baile 19.00hs Saída para Cerceda O prezo por persoa é de 22 ,00€. Para anotarse deben acudir ao Concello ao 3º andar. Pode informarse no telf 981 68 60 68  

Publicación das listaxes das axudas concedidas e as denegadas para transporte escolar, curso 2017-2018

Rematado o prazo de solicitude e o prazo de subsanación da documentación requirida e unha vez valoradas todas as solicitudes de acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Xunta de Goberno Local aprobou en data 29/11/2017 a relación das axudas concedidas e das denegadas. Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 11 das bases da convocatoria o prazo para presentar no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa comezará o día 1 de decembro e rematará o 30 de decembro de 2017. Segundo o artigo 11.2 das bases, no caso en que non presenten a xustificación no prazo establecido, entenderase que desisten da súa petición. De acordo co establecido no artigo 12, o pagamento da axuda concedida farase efectivo logo da presentación da documentación xustificativa.   Attachments:
LISTAXES DAS SOLICITUDES CONCEDIDAS-DENEGADAS.doc

Termalismo social do IMSERSO 2018. Aberto o prazo de solicitude.

Termalismo Social IMSERSO

Normativa:

Requisitos das/dos usuarias/os

Que reúnan algún dos seguintes requisitos:
  1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
O programa desenvolverase entre o mes de febreiro e o mes de decembro de 2018.

Prezo e forma de pago das prazas

O prezo para pagar polos usuarios e, no seu caso, os acompañantes, por praza e quenda, ascende ás cantidades que se sinalan, para cada balneario, mes e tipo de quenda, no cadro anexo I.

Documentación:

Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude. Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2016, deberá formalizar nova solicitude e informe médico:
  • Solicitude. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.
Prazo de presentación:
  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 4 de xaneiro de 2018
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 11 de maio de 2018.

Máis información:

Cea baile de Nadal. Sábado 16 de decembro.

Como todos os anos, o concello, organiza unha cea baile con motivo das datas de nadal e para despedir o ano. A cea será no restaurante o Panadeiro o día 16 de decembro. Para anotarse hai que acudir o departamento de Servizos Sociais do concello e aboar unha cuota de 30 euros. O prazo para anotarse é do 21 de novembro ó 11 de decembro. O menú e o seguinte: - empanada da casa e tosta de churrusquiña - vieiras á galega - solombo de cocho recheo de queixo de arzúa e xamón con pataca panadera e frutos vermellos. - pannacotta de queixo con xeado de mandarina. - bebidas: aguas minerais, refrescos, viño, viño espumoso - Café, uvas e cotillón.

Publicación das listaxes das axudas concedidas e as denegadas para o material escolar, curso 2017-2018

Rematado o prazo de presentación de solicitudes , para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material e vestiario para o curso 2017/2018, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, a Xunta de Goberno Local celebrada o día 08/11/2017, aprobou a resolución definitiva das solicitudes concedidas e as denegadas, así como as contías das axudas. Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 13 das bases da convocatoria disporán dun prazo para presentar no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa, establecida no artigo 12 de ditas bases. Prazo de xustificación: do 1 ao 15 de decembro de 2017 Máis información no teléfono 981 68 60 68     Attachments:
LISTAXE DAS AXUDAS CONCEDIDAS E AS DENEGADAS.doc

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk