Abre o prazo de solicitude do Obradoiro de Cociña para nen@s este martes 17 de outubro

O Concello de Cerceda organiza unha nova edición do Obradoiro de cociña "Coas mans na masa" para os/as máis pequenos/as para o mes de novembro. O prazo de solicitude abre ese martes 17 de outubro.

O Obradoiro desenvolverase os mércores do mes de novembro (a partir do día 8) das 17:15 ás 18:45 horas no Centro Cívico de Cerceda. As prazas son limitadas e vai dirixido a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos de idade. As inscricións deberán facerse nas Oficinas xerais do Concello a partir do martes, 17 de outubro.

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk