A Escola municipal de teatro de Abegondo representa en Cerceda a obra "A costureira das ánimas" o domingo 18 de novembro, ás 19h

A programación teatral do mes de novembro continúa durante o domingo, 18 ás 19h, coa presentación da espectáculo“ A costureira das ánimas” a cargo da Escola municipal de teatro de Abegondo. A representación teatral é unha adaptación da obra, co mesmo nome, da autora Ana Mª Prado Riveiro. Unha comedia en memoria dos nosos defuntos. Os vivos, tamén, estades convidados.

Hai uns anos, as costureiras percorrían vilas e aldeas coa máquina de coser sobre a cabeza na procura de visos, pantalóns, saias ou calquera outra peza de roupa para amañar. Había que ter forza, tanto nas pernas coma no pescozo, para termar da"singer"durante as complicadas andadas por montes e leiras ata chegar a algún lugar onde pasar a noite e coser o que dispuxese a dona da casa.En todas as familias, había as súas cousas entre mortos e vivos. Os mortos aturábanse ben. Os coitados dos finados eran corpos sen vontade que cumpría axeitar como se viña facendo desde sempre. A costureira deste relato atopouse nunha situación inesperada .despois de que lle encargaran empanicar un morto. Descubriu que, ás veces, a relación cos mortos pode ser máis beneficiosa do que nunca chegara a pensar.

  • ·Domingo 18/novembro/ Ás 19h/ Auditorio municipal de Cerceda
  • ·A COSTUREIRA DAS ÁNIMAS: Recomendada para maiores de 10 anos

FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk