Contos do Recreo de Redrum teatro o 25 de novembro, no Auditorio de Cerceda

A programación do Auditorio municipal de Cerceda, durante o mes de novembro, pecha co espectáculo Contos do recreo de Redrum Teatro o domingo 25 de novembro ás 17h30.

A obra estáprotagonizada por Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo baixo a dirección de Álex Sampayo, sobre un texto da súa propia autoría compartida con Borja F. Caamaño, e xira en torno a Alicia, unha rapaza que goza mofándose das súas compañeiras ata que no recreo previo ao exame máis importante do curso aparece nun lugar máxico habitado por Xacobe, a estrafalaria estatua que custodia a porta que coroa o lugar. Para poder saír de alí e chegar ao exame, Alicia terá que resolver os enigmas e superar as probas que se agochan tras a porta dos recreos pasados, presentes e futuros.

Anota a cita:

  • CONTOS DO RECREO- AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA/DOMINGO 25 NOVEMBRO/ÁS 17H30

Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2018

@DACCultura

FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk