Touriñán é Manolo Lojo no Auditorio municipal de Cerceda o 21 de decembro

A tráxica biografía dun home cunha vida nada doada. Pero todo pode ir a peor...

A vida de Manolo Lojo non foi doada... Logo de nacer con algún tempo de antelación viviu unha traumática infancia, que derivou en outros tantos problemas, ata que comezou a recibir unha paga por tonto. Perdeu a todos os seus irmáns, comezou unha vida de vicios nada recomendables, e un día soubo que tiña un tío empresario en Arxentina, se cadra disposto a solucionarlle a vida.

Pero todo pode ir a peor, como comenta Manolo neste monólogo, o primeiro da carreira de Xosé A. Touriñán en solitario, estreado hai xa máis dunha década.

Agora percorre os teatros e auditorios de Galicia enchendo en cada unha das funcións, disposto a contar a tráxica biografía dun home moi, moi peculiar.

E chega ao Auditorio municipal de Cerceda, o venres 21 de decembro ás 20h30! 

FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk