A Mostra do FotografiaEnCurso do alumnado do CPI O Cruce chega á Sala de Exposicións Xosé Neira Vilas

O alumnado da ESO, do CPI O Cruce, estiveron a participar nun Obradoiro de fotografía coordinado polo Departamento didáctico de Debuxo. Agora, chegou o momento de que este proxecto vexa a luz cunha Exposión na Sala Municipal Xosé Neira Vilas da Biblioteca municipal. A inauguración este xoves, 27 de xuño ás 19h, na Biblioteca Municipal.

Aquí tedes toda a información do proxecto Fotografía En Curso que tamén podedes seguir nas Redes 

INSTAGRAM: 
@g.o.c.galeriaocruce 
#fotografiaencurso #fotografiaencurs #cpiocruce
 
FotografíaEnCurso- CPI O CRUCE

O proxecto, no que participou o alumnado de 1º da ESO, recolle a iniciación á fotografía do alumnado da man do fotógrafo Luis Díaz, e ademáis de fotografar enclaves singulares arredor de As Encrobas, nos achegamos ás casas dalgúns dos seus antigos habitantes, moitos deles avós, familiares ou veciños dalgúns dos alumnos.

Mentras os retratabamos contáronnos moitas historias da zona, de como era o val de As Encrobas antes de que fixeran a mina, e antes de que fixeran o lago, recordaron como vivía a xente daquela, o dura que era a vida para moitos deles, e tamén nos falaron da relación dos habitantes da comarca coa mina, co lago e coa central...

Falando do pasado, do presente e do futuro, moitos rapaces redescubriron as súas raíces, e para algún deles foi realmente emocionante.. Agradecemos enormemente a xenerosidade de todos estes homes e mulleres que nos abriron as súas portas...

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk