Neste mes de novembro voltan as nosas cociñas @s rapaces e rapazas, de Cerceda, con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos (nacidos entre o 2006 e o 2013). Xa podes facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do concello.
INSCRICIÓNS AO OBRADOIRO COAS MANS NA MASA_NOVEMBRO 2018
Datas: martes 6, 13, 20 e 27 de novembro
Horario: das 17 ás 18h30
Inscricións: a partir do martes, 30 de outubro.
Xunto coa solicitude é preciso entregar o xustificante bancario de pagamento da actividade.
Datos para facer o ingreso bancario
Inscrición ao curso de cociña "Coas mans na masa"_novembro 2018
Concepto: Inscrición de (nome e apelidos do/a menor) no Curso de Cociña "Coas mans na masa_novembro 2018
Comeza outubro e con él a temporada de escena no Auditorio municipal de Cerceda, co espectáculo O caso é ter saúde da Compañía Malasombra. Anota a cita, domingo 7 ás 19h no auditorio.
“O caso é ter saúde ” é unha comedia de principio a fin, polo que a súa principal pretensión é que o espectador oscile entre o sorriso e a gargallada durante a duración do espectáculo, que está cheo de personaxes divertidos metidos en situacións imprevisibles.
Dende o humor, “O caso é ter saúde” fala da condición humana, da súa ambición polos cartos, e de todo o que a xente é capaz de facer con tal de conseguir o ansiado diñeiro.
Este venres, 27 de abril ás 17:15h, tocan Merendas e Contos para celebrar a semana do Libro e da Lectura na Biblioteca de Cerceda. Así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
MERENDAS E CONTOS, ÁS 17:15H
Espectáculo: De catro en catro, historias no mar
INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
Este venres, 13 de abril a partir das 17:15 horas, toca unha sesión moi máxica de Merendas e Contos no Edificio da Biblioteca da Silva... O Mago Pedro Bugarín achegaranos ao seu mundo máxico, así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas Xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
MAXIA, MERENDAS E CONTOS... VENRES, 13 DE ABRIL A PARTIR DAS 17:15 HORAS
POR RAZÓNS DE ESPACIO, A ACTIVIDADE DESENVOLVERASE NA PLANTA SOTO (CENTRO SOCIAL) DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
ESPECTÁCULO DO MAGO PEDRO BUGARÍN. A PARTIR DOS 4 ANOS DE IDADE
INSCRICIÓNS: OFICINAS XERAIS OU NO TELÉFONO 981685001
Atención...!! este venres, 16 de marzo a partir das 17:15h, tocan Merendas e Contos na Biblioteca municipal de Cerceda. Así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
VENRES, 16 DE MARZO, ÁS 17:15h. MERENDAS E CONTOS BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
Espectáculo: AVÓS, de TrinkeTrinke Teatro (a partir de 3 anos)
INSCRICIÓNS: Nas Oficinas Xerais ou no teléfono 981685001
Xa está todo previsto para celebrar o Martes de Entroido cunha boa festa no Polideportivo municipal de Cerceda. Non esquezas o teu disfraz e prepárate para xogar nos inchables, facerte unha fotografías divertidas no fotomatón e tomar unha boa merenda!
MARTES, 13 DE FEBREIRO. A partir das 16h30 e ata as 20h. Polideportivo de Cerceda
Este venres, 26 de xaneiro, voltan as Merendas e Contos á Biblioteca municipal de Cerceda. Non perdas a visita de Trinke Trinke, a partir das 17:15h, e non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001
BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
VENRES, 26 DE XANEIRO-- ÁS 17:15H
ESPECTÁCULO: AS ILLAS DOS TESOUROS de TRINKE TRINKE TEATRO
O Auditorio municipal de Cerceda acolle este venres, 29 de decembro, o concerto de María do Ceo e as súas Cancións para nenas e nenos dentro da programación Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística. A actividade dará comezo ás 18h e está dirixida a todos os públicos.
O Concello de Cerceda organiza un obradoiro de poda para o mes de xaneiro. A actividade desenvolverase os días 8, 15, 22 e 29 de xaneiro das 16:30 ás 18:30 h, no Centro cívico. As persoas interesadas xa poden facer a súa inscrición nas Oficinas xerais do Concello. O número máximo de persoas inscritas será de 15 e para a súa realización será preciso un número mínimo de 10 solicitudes. O custe é de 12 euros.
CONTIDOS DO OBRADOIRO DE PODA:
As ferramentas de poda e o seu mantemento
Para qué serve a poda. Tipos de cortes segundo o que buscamos.
As diferentes tipoloxías de poda nas árbores ornamentais.
Xeneralidades sobre a poda nas árbores froiteiras
Métodos de reproducción vexetativa: enxetos, gallos, e acodos.
Influencia das fases da lúa no comportamento das plantas.
¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.
Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.