Campaña neve deputación 2022

A Deputación da Coruña, programa a “Campaña da Neve 2022” na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para nenos e nenas de toda a provincia con idades entre 12 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2021).

Ao Concello de Cerceda concedéronlle 6 prazas na 1ª quenda (14/01/22 ao 17/01/22).

As inscricións para participar na Campaña de Neve 2022 só se poderán entregar no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda do 30 de novembro ao 14 de decembro ás 14:00 horas.

Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de neve da Deputación Provincial. No caso de recibir máis solicitudes que as prazas que temos concedidas, farase un sorteo público.

A cota de participación será de 85€.

 

->>> Ver ou descargar tríptico-formulario de solicitude

cartel