Cerceda, 7 de xuño de 2022 – O Concello de Cerceda licita as obras de mellora de varios camiños municipais; Xermar á zona de eólicos, Portobrea a Ponte Areosa, e Virís; a ampliación de saneamento na Silva; e o acondicionamento cuneta zona campo da Xesteda. As obras, financiadas a cargo do POS da Deputación contan con un orzamento de preto de 100.000 euros.
En concreto, a actuación permitirá arranxar o camiño de Xermar á zona Eólicos nun tramo de 650 metros e coa apertura de gabias e a colocación de taxeas de formigón para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal. No caso da mellora do camiño Portobrea ata Ponte Areosa as obras dividiranse en dous tramos que incluirán a mellora da capa de rodaxe cunha nova superficie de rodaxe e un reforzo no drenaxe así como como o pintado de marcas viais para sinalización. En Viris, renovarase todo o firme ao longo de 900 metros de lonxitude e novas gabias para mellorar o drenaxe.
Por outra banda, ampliarase dentro desta actuación a rede saneamento na zona da Silva coa canalización de augas residuais de case 400 metros de tubaxe e a reposición do pavimento integral no mesmo espazo.
Canto ao acondicionamento da cuneta na zona do campo da Xesteda a intención é facela transitable cunha capa de formigón previa demolición do pavimento existente.
O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, sinala que se trata de obras demandadas pola veciñanza que “melloran a seguridade viaria e os servizos básicos, fundamentais para o benestar do noso Concello”, apuntou.