Cerceda, 15 de xuño de 2022 – Comezan as obras da nova rede de saneamento de case 400 metros na rúa Acevedo, que complementa as xa iniciadas na Picota, en Xesteda, e as da rúa Mesón. As tres actuacións suman un investimento de 47.000 euros e que rematarán este mesmo verán. A actuación está financiada en parte polo POS UNICO da Deputación Provincial da Coruña. O alcalde Juan Manuel Rodríguez, asegura que todas estas actuacións de saneamento enmárcanse nas múltiples actuacións que puxo en marcha o Goberno local para mellorar o este servizo básico en todo o termo municipal. De feito, o Concello licitou varias obras de este tipo nos últimos meses que perseguen o mesmo obxectivo.
Na rúa Acevedo prolongarase a rede de saneamento existente cunha execución de 360 metros de canalización en tubaxe e tamén se contempla a instalación de 7 pozos de rexistro. Tamén se levará a cabo a posta a cota dunha lousa de formigón existente para cruce dun rego, co fin de permitir o paso da nova canalización de saneamento. As obras complétanse coa reposición do pavimento afectado.
No caso da rede de saneamento de Xesteda ata o núcleo de A Picota, obra xa iniciada, está prevista a execución de 274 metros de canalización en tubaxe, previa execución das gabias, e a instalación de 7 pozos de rexistro. As obras complétanse coas reposicións dos pavimentos afectados.
E, por último, renovarase o colector de saneamento da rúa Mesón nun treito de 49 metros da rede saneamento deste o núcleo de Cerceda ó seu paso pola rúa Mesón. A actuación contempla a execución de oito acometidas domiciliarias mediante enlace colector, arqueta de saneamento e tubaxe. Estas obras complétanse coa reposición do pavimento afectado.