Anota na túa axenda... que o venres 24 de novembro tocan Merendas e Contos na Biblioteca da Silva, a partir das 17:15h. Fai a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
- MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
- Venres, 24 de novembro de 2017. Ás 17:15h
- ESPECTÁCULO: COROCOCÓ. A partir de 3 anos
- Coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017
‘COCOROCÓ’ é un espectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques, debuxos e interación co público.
Pero…quen canta COCOROCÓ? Unha galiña, pero non unha galiña calquera, non, unha galiña azul. Sí, azul como o ceo, coma o noso mar, unha galiña diferente a todas as demáis. Por iso é perseguida e quere matala Manolito Listón, o alcalde, porque él di que unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó, que pon ovos de cores e ten cinco plumas vermellas na á dereita , “non é unha galiña como debe ser pero…
Chsss! silencio, é mellor que o conte ela, sí a Galiña Azul.