O Concello de Cerceda organiza un obradoiro de poda para o mes de xaneiro. A actividade desenvolverase os días 8, 15, 22 e 29 de xaneiro das 16:30 ás 18:30 h, no Centro cívico. As persoas interesadas xa poden facer a súa inscrición nas Oficinas xerais do Concello. O número máximo de persoas inscritas será de 15 e para a súa realización será preciso un número mínimo de 10 solicitudes. O custe é de 12 euros.
CONTIDOS DO OBRADOIRO DE PODA:
- As ferramentas de poda e o seu mantemento
- Para qué serve a poda. Tipos de cortes segundo o que buscamos.
- As diferentes tipoloxías de poda nas árbores ornamentais.
- Xeneralidades sobre a poda nas árbores froiteiras
- Métodos de reproducción vexetativa: enxetos, gallos, e acodos.
- Influencia das fases da lúa no comportamento das plantas.
- Tratamentos naturais para as froiteiras.