Cultura e educación

Este venres, 27 de abril ás 17:15h, tocan Merendas e Contos para celebrar a semana do Libro e da Lectura na Biblioteca de Cerceda. Así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
- BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
- MERENDAS E CONTOS, ÁS 17:15H
- Espectáculo: De catro en catro, historias no mar
- INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001

Este venres, 13 de abril a partir das 17:15 horas, toca unha sesión moi máxica de Merendas e Contos no Edificio da Biblioteca da Silva... O Mago Pedro Bugarín achegaranos ao seu mundo máxico, así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas Xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
- MAXIA, MERENDAS E CONTOS... VENRES, 13 DE ABRIL A PARTIR DAS 17:15 HORAS
- POR RAZÓNS DE ESPACIO, A ACTIVIDADE DESENVOLVERASE NA PLANTA SOTO (CENTRO SOCIAL) DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
- ESPECTÁCULO DO MAGO PEDRO BUGARÍN. A PARTIR DOS 4 ANOS DE IDADE
- INSCRICIÓNS: OFICINAS XERAIS OU NO TELÉFONO 981685001

Atención...!! este venres, 16 de marzo a partir das 17:15h, tocan Merendas e Contos na Biblioteca municipal de Cerceda. Así que non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
- VENRES, 16 DE MARZO, ÁS 17:15h. MERENDAS E CONTOS BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
- Espectáculo: AVÓS, de TrinkeTrinke Teatro (a partir de 3 anos)
- INSCRICIÓNS: Nas Oficinas Xerais ou no teléfono 981685001

Xa está todo previsto para celebrar o Martes de Entroido cunha boa festa no Polideportivo municipal de Cerceda. Non esquezas o teu disfraz e prepárate para xogar nos inchables, facerte unha fotografías divertidas no fotomatón e tomar unha boa merenda!
- MARTES, 13 DE FEBREIRO. A partir das 16h30 e ata as 20h. Polideportivo de Cerceda

Este venres, 26 de xaneiro, voltan as Merendas e Contos á Biblioteca municipal de Cerceda. Non perdas a visita de Trinke Trinke, a partir das 17:15h, e non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001
- BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA
- VENRES, 26 DE XANEIRO-- ÁS 17:15H
- ESPECTÁCULO: AS ILLAS DOS TESOUROS de TRINKE TRINKE TEATRO
- Inscricións no teléfono 981685001

O Concello de Cerceda xa ten todo preparado para recibir a Papá Noel; a súa visita dará comezo na Escola infantil municipal a partir das 10h. A continuación, espérano o alumnado do CPI O Cruce. Os agasallos de Papá Noel tamén serán, moi ben recibidos, no Centro residencial de Día a partir das 11:45h. Finalmente, será o CEIP Celso Emilio Ferreiro quen reciba a Papá Noel.

O próximo sábado, 2 de decembro, espéranos unha tarde chea de maxia no Auditorio municipal de Cerceda. Non perdas a ocasión de coñecer ao Mago Román e o ilusionista Kiko Pastur. Ás 18:00h
O mago e ilusionista máis premiados de Galicia e con máis de 15 anos de experiencia, volven a xuntarse para crear un novo espectáculo que recolle os mellores números de maxia que fixeron nos últimos anos. Unha nova forma de ilusionarse que asombrará, divertirá e fascinará a toda clase de públicos.
Sábado, 2 de decembro// Ás 18:00h Auditorio municipal de Cerceda
Coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017

Anota na túa axenda... que o venres 24 de novembro tocan Merendas e Contos na Biblioteca da Silva, a partir das 17:15h. Fai a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
- MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
- Venres, 24 de novembro de 2017. Ás 17:15h
- ESPECTÁCULO: COROCOCÓ. A partir de 3 anos
- Coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017
‘COCOROCÓ’ é un espectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques, debuxos e interación co público.
Pero…quen canta COCOROCÓ? Unha galiña, pero non unha galiña calquera, non, unha galiña azul. Sí, azul como o ceo, coma o noso mar, unha galiña diferente a todas as demáis. Por iso é perseguida e quere matala Manolito Listón, o alcalde, porque él di que unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó, que pon ovos de cores e ten cinco plumas vermellas na á dereita , “non é unha galiña como debe ser pero…
Chsss! silencio, é mellor que o conte ela, sí a Galiña Azul.