Deportes

O Concello de Cerceda organiza para a primeira fin de semana do mes de marzo, do 2 ao 4, unha viaxe a Cabeza de Manzaneda. Se tes entre 18 e 30 anos, ésta é a túa oportunidade para aproximarte á práctica deportiva do esquí. A viaxe inclúe:

* Aloxamento de dúas noites en Apartamentos Galicia (apartamentos para 4 persoas) en réxime de pensión completa (que inclúe: o uso da pisicina cuberta e climatizada)

* Sesións de 3 horas de iniciación na práctica do esquí, o sábado 3 e o domingo 4 de marzo.

* Material deportivo

* Forfait do día

* Autobús dende Cerceda a Cabeza de Manzaneda (e regreso)

PREZO: 125,00 euros por persoa (Sempre e cando se teña un grupo mínimo de 30 persoas)

APERTURA PRAZO INSCRICIÓN: Xoves, 1 de febreiro.

INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais do Concello

O próximo domingo, 1 de outubro, a Polideportiva de Cerceda acolle o II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda, incluído no II Circuíto intercomarcal da Deputación da Coruña. O encontro terá a partir das 15:45h. Consulta as Bases do Aberto e o proceso de inscrición na proba:

Bases do II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda – VIII proba de II Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña
Data: domingo 1 de outubro de 2017.
Local de xogo: Polideportiva de Cerceda.
Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.
Ritmo de xogo: 10´+ 2”
Horario de xogo: 15:45 presentación, 16:15: 1ª ronda, 21:30 clausura
Inscricions: xeral 6€, sub-16 3€, locais: 3€, exentos GM-MI. Pódense realizar no mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no 617234393 ata o sábado 30 de setembro.

Emparellamentos: realizarase mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Participantes: todos os xogadores deben estar federados (se algún non o esta podemos federalo ata o día 30), o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido.

Desempates: resultado particular, bucholz -1, bucholz total e progresivo.
Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.