Identificación Clave Permanente

 ?A nova Oficina de Rexistro Cl@ve do Concello de Cerceda xa emite credenciais dixitais para relacionarse electronicamente coas administracións.

 ?A obtención da identificación Cl@ve realízase de modo presencial na nova oficina, evitando desprazamentos fóra do concello.

 Calquera persoa que así o desexe poderá obter de modo presencial e sen desprazarse fóra da súa contorna, a identificación Cl@ve necesaria para acceder aos servizos dixitais. A acreditación da identidade faise na oficina ante un empregado público que verifica a identidade mediante a presentación do DNI e un número de teléfono móbil a onde chega a mensaxe (SMS) de benvida ao sistema.

 ?Cl@ve é un sistema que permite a identificación ante as administracións públicas para realizar trámites sen necesidade de certificado dixital instalado ou DNI electrónico. A credencial dixital proporcionada por este sistema está custodiada e almacenada pola Administración Pública de forma segura nos seus servidores, de modo centralizado e “na nube”. Así, a cidadanía pode relacionarse electronicamente coas administracións desde calquera dispositivo que teña conexión a internet e sen necesidade de instalar o certificado dixital no seu ordenador, tablet ou teléfono móbil.

 

Xestión de cookies
Usamos cookies para garantir que teña a mellor experiencia na nosa web. Se recusar o uso de cookies, esta web pode non funcionar como esperado.
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Unknown
Unknown
Aceptar
Rexeitar
Gardar