Investimentos na Escola Infantil “Os Pillabáns de Cerceda”

O Concello de Cerceda a través da Orde de 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimentos na mellora das infraestructuras e equipamentos das escolas infantís 0-3 puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan o ano 2018 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020) levou a cabo dous investimentos na Escola Infantil “Os Pillabáns de Cerceda”. Por un lado, na adecuación e mellora das infraestructuras actuouse na parte exterior e na mellora da eficiencia enerxética. E no que se refire o equipamento dotouse a escola de mobiliario novo e xogos exteriores renovados.


A Consellería de Política Social, a través do fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional  financiou o proxecto con 31.315,90 euros.