LISTAXE PROVISIONAL DE AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2026/2027

Rematado o prazo para a presentar a documentación requirida e unha vez rematada a fase de instrución e verificación documental e, tal e como establece o artigo 11 da convocatoria das axudas, a Xunta de Goberno Local  aprobou a listaxe provisional co resultado da avaliación individualizada de cada solicitude mediante a discriminación dos seguintes estados:

  1. Relación nominal de persoas que reúnen a totalidade dos requisitos e documentación exixida na convocatoria.
  2. Relación nominal das solicitudes que non cumpren os requisitos establecidos, indicando a causa motivadora que xustifica dita denegación.

As persoas interesadas teñen un prazo improrrogable de dez (10) días hábiles, computados a partir do día seguinte da publicación desta listaxe , para que poidan formular as alegacións que estimen procedentes ao abeiro do artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. No suposto de que non se presenten alegacións no prazo sinalado, a proposta provisional elevarase automaticamente a definitiva, procedendo o órgano competente á aprobación da resolución definitiva cos importes concedidos.

 

Máis información no Departamento de servizos sociais ou no teléfono 981 68 60 68

 

 >>LISTAXE PROVISIONAL

Attachments:
File
 LISTAXE PROVISIONAL .pdf
Xestión de cookies
Usamos cookies para garantir que teña a mellor experiencia na nosa web. Se recusar o uso de cookies, esta web pode non funcionar como esperado.
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Unknown
Unknown
Aceptar
Rexeitar
Gardar