A corporación municipal reuniuse onte para debater en Pleno as intervencións que se realizarán con cargo do Plan Único da Deputación da Coruña para este 2022.
Aprobouse cos votos favorables dos representantes do goberno local e Partido Popular, e abstención do BNG, adicar 483.686,50 euros a intervencións infraestruturais no municipio como o sistema de depuración na Silva e as melloras no acceso a Carballal, Carril e A Fonte; o saneamento en Longo, Meirama; a instalación de tubaxes de saneamento e abastecemento en Pao do Lobo e os accesos a A Capilla, A Pociña e O Calvario; a ampliación e mellora do vial en Sobredafonte; a realización da pista entre A Brea e o encoro e a mellora da seguridade viaria nas Encrobas.
Tamén se levará a cabo a construción dunha senda peonil no Piñeiro ata o campo de fútbol de O Roxo. O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, destaca a relevancia “dos investimentos para dar solucións e servizos moi necesarios nos lugares nos que se levarán a cabo”.
Reforzo do Servizo de Axuda no Fogar
No referente á aportación da entidade provincial respecto a gasto social, o Concello de Cerceda recibirá 73.053,75 euros, e destinará 66.184,17 euros o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar.