O próximo día 02/03/2023 farase unha nova recollida de plástico agrícola nas diferentes explotación agrícolas e gandeiras do Concello de Cerceda.
O procedemento para solicitar a recollida é o seguinte:
Os interesados deben chamar ao 881.04.67.76 para solicitar o servizo indicando a cantidade a recoller e os datos do punto de recollida.
O plástico debe estar nun lugar que sexa accesible para o camión encargado da carga con grúa.
O plástico debe estar limpo, sen residuos e atado en fardos (senón é así non se poderá efectuar a recollida)