Convocatoria das axudas municipais para a escolarización para o vindeiro curso 2025-2026

Con data 11/06/2025 foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 110, as bases polas que se rexerá a convocatoria das axudas municipais para a escolarización para o vindeiro curso escolar 2025-2026.

O prazo de solicitude das axudas será dende o 12/06/2025, ata o 1/07/2025 (ambos os dous incluídos)

Subvencionaranse os gastos derivados da compra de:

a) Libros de texto

b) Material escolar, inclúese neste apartado a adquisición de pendrives, sempre que sexa material solicitado polo centro educativo.

c) Vestiario básico

Non é obxecto de financiamento desta convocatoria o equipamento deportivo para as actividades extraescolares, así como, os gastos derivados da adquisición de dispositivos e material informático (ordenadores, impresoras, tablets, ).

 

Para máis información poden contactar co Departamento de Servizos Sociais, no telf.: 981 68 60 68.

>>> ENLACE AS BASES PUBLICADAS 

Attachments:
File
 ANEXOS E SOLICITUDE.pdf
Xestión de cookies
Usamos cookies para garantir que teña a mellor experiencia na nosa web. Se recusar o uso de cookies, esta web pode non funcionar como esperado.
Aceptar todas
Rexeitar todas
Ler máis
Unknown
Unknown
Aceptar
Rexeitar
Gardar