Resolucion das axudas municipais para a escolarización para o curso 2021/2022

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e valoradas, de acordo coas bases da convocatoria, polo persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais, comprobase que non hai solicitudes pendentes de emendar documentación, polo que, de acordo co punto 9 das bases, formulase a proposta de resolución definitiva.

O importe total concedido non excedería o total de crédito retido para esta finalidade, polo que, de acordo co punto 3 das bases, tamén se propón para a concesión das axudas as solicitudes que inicialmente non foron consideradas como concedidas por superar os ingresos esixidos.

Con data 29/09/2021 a Xunta de Goberno Local aprobou dita resolución.

Informar ás persoas interesadas que de acordo co punto 10.1 das bases da convocatoria,  disporán  de  prazo dende o día  15 ao 29 de outubro de 2021 para presentar, no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda, a documentación xustificativa do gasto realizado. No caso en que non presenten dita xustificación no prazo establecido, entenderase que desisten da súa petición e perderán o dereito a recibir a axuda recoñecida.

 

Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981686068