Termalismo Social IMSERSO

Está aberto o prazo de solicitude de praza para a participación no programa de Termalismo Social do IMSERSO 2021/2022.

Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

As solicitudes deberan de ser presentadas antes do 1 de outubro de 2021.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais  no teléfono 981 68 60 68

Attachments:
FileFile size
Download this file (FOLLETO INFORMATIVO TERMALISMO.pdf)FOLLETO INFORMATIVO TERMALISMO.pdf900 kB
Download this file (SOLICITUD IMSERSO.pdf)SOLICITUD IMSERSO.pdf1591 kB