Servizos sociais
Con data 2 de xuño de 2021 foi aprobada pola Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Comunicación, a listaxe definitiva do alumnado admitido na escola infantil municipal "Os Pillabáns" para o curso escolar 2021/2022.
Informar ás persoas interesadas que disporán dun prazo de 15 días naturais, que contarán dende a data de recepción da notificación da concesión da praza, para confirmar a matricula e formalizar o contrato. Deberán presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00h. a 14.00h. e provistos de:
- Confirmación da matrícula
- Contrato asinado (deberá recollerse e asinar previamente no departamento de Servizos Sociais)
- Certificado médico do/a menor, indicando que ten todas as vacinas actualizadas
- DNI orixinal daquelas persoas que queiran autorizar para que poidan recoller aos menores na escola
Se despois de rematar este período non se formaliza o contrato perderan o dereito á praza concedida.
Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68
Rematado o prazo de presentación de solicitudes de ingreso na Escola Infantil Municipal “Os Pillabáns” e unha vez valoradas todas elas, formúlase a proposta da listaxe do alumnado admitido, en agarda e a relación das prazas dispoñibles para o curso 2021-2022
Tendo en conta o alumnado en agarda, solicitouse á Consellería de Política Social unha modificación substancial para o curso escolar 2021-2022, de forma que, a unidade de atención de 0-1 cambiara a unha unidade de agrupación 0-2 e a unidade de 1-2 cambiara a unidade de agrupación 0-3. Coa concesión desta modificación, xa non hai alumnado en listaxe de agarda.
Informar ás persoas solicitantes que de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola Infantil Municipal, poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de 10 días naturais que contarán a partir da data de exposición pública da listaxe provisional na paxina web do Concello.
Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 686 068
En continuidade con una serie de accións formativas realizadas por ACOPROS, en colaboración co Concello de Cerceda, esta aberto o prazo para anotarse no “ Programa de Estimulación Cognitiva”.
Este programa empezaría a partir do 19 de abril, e esta dirixido a todas as persoas interesadas, a partir de 55 anos.
As sesións de estimulación serían semanais en sesións de 45 minutos, con obxectivos individualizados de estimulación.
Para anotarse ou mais información, pode facerse no departamento de Servizos Sociais Municipais, telf : 981 68 60 68
O xoves 15 de abril abre o prazo para a solicitude de matrícula.
Os impresos da solicitude poden descargarse na páxina web do Concello.
A documentación pode achegarse:
- Pola sede electrónica: Solicitude praza escola infantil
- Presencial no Rexistro Municipal.
Para calquera dúbida: Servizos Sociais 9816806068
Dende o departamento de servizos sociais, informase que dende o martes día 13, ata o mércores día 21 de abril 2021, ábrese o prazo para participar no Programa de Alimentos de Cruz Vermella 2021: “ayuda alimentaria del Fondo de Ayuda Europea para las Personas Más Desfavorecidas (FEAD).”
Para solicitar a participación no programa de alimentos, debese de entregar nas oficinas do rexistro municipal, a solicitude que figura anexa, coa documentación que se require.
Para mais información pódese contactar co telf: 981 68 60 68
Solicitude de participación no Programa de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas 2020
Dende o departamento de servizos sociais, informase que dende o luns día 7, ata o mércores día 23 de decembro, ábrese o prazo para participar no Programa de Alimentos de Cruz Vermella 2020: “ayuda alimentaria del Fondo de Ayuda Europea para las Personas Más Desfavorecidas (FEAD).”
Para solicitar a participación no programa de alimentos, debese de entregar nas oficinas do rexistro municipal, a solicitude que figura anexa, coa documentación que se require.
Para mais información pódese contactar co telf: 981 68 60 68

Con data 19/10/2020 publicaronse as bases das axudas municipais para transporte escolar no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) número 174 comezando así, o prazo de presentación das solicitudes sendo de 15 días hábiles a contar a partir do día seguinte á publicación.
Unha vez publicadas as bases detectaronse erros en varios puntos das mesmas motivo polo cal, con data 25/10/2020 a Concelleira de Benestar Social, Educación e Igualdade aprobou por decreto a suspensión do prazo de presentación das solicitudes que está vixente.
O Departamento de Servizos Sociais procederá á elaboración dunhas novas bases que serán aprobadas polo órgano competente para a súa posterior publicación no BOP.
Así mesmo, informar ás persoas interesadas que as solicitudes que xa foron presentadas no prazo actual teranse en conta e serán valoradas para a súa resolución.
Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 686 068
Rematado o prazo de presentación de solicitudes de ingreso na Escola Infantil Municipal “Os Pillabáns” e unha vez valoradas todas, a concelleira de benestar social, igualdade e participación cidadá, Catrina Queijo García, aprobou a relación provisional do alumnado admitido por unidade de atención.
Informar ás persoas solicitantes que de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola Infantil Municipal, poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de 10 días naturais que contarán a partir da data de exposición pública da listaxe no taboleiro de anuncios municipal.
Para máis información no Departamento de servizos sociais ou no teléfono 981 68 60 68
Dende o Departamento de Benestar Social en coordinación con Fundación Mujeres, organízanse unha serie de talleres on line destinado a mulleres coidadoras. Os talleres divídense en 3 sesións on line.
É preciso inscribirse previamente antes do día 19 de xuño.
Para mais información poden chamar ao telf . 981 68 60 68.
Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos
Persoas beneficiarias:
- Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2017 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
- Serán igualmente beneficiarias polas fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017.
- Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.
Requisitos
- Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que non quede acreditada a dita circunstancia pola presentación do xustificante de empadroamento, poderáselles requirir para que presenten documentación complementaria que o demostre.
- Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
Os requisitos para ter dereito a esta prestación deberán reunirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.
Contía da axuda
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
- Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
- Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
- Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
Documentación
- Copia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.
- Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar (a antigüidade máxima do mesmo será de 6 meses).
- No caso de nulidade, separación ou divorcio copia da sentenza ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns, acompañada, de ser o caso, do convenio regulador.
- Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento, no suposto de que a súa formalización se realizase noutra comunidade autónoma, de ser o caso.
- Anexo II cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non figure como solicitante e que forme parte da unidade familiar. De non achegar este documento, deberá xustificarse presentando a documentación que figura na letras c) deste artigo ou certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Prazo de presentación:
35 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Comezará o 21 de xaneiro e rematará o 9 de marzo de 2020 (ambos os dous incluidos)




