Solicitar cita previa no Concello
Vista a evolución da pandemia vese necesario a implantación da cita previa para as oficinas municipais co fin de minimizar riscos, tanto para o traballador coma para a cidadanía en xeral, polo que procede o establecemento dos seguintes protocolos:
A cita previa deberá solicitarse telefónicamente, no departamento ó queira dirixir, ou ben a traves da Sede Electronica https://sede.cerceda.es no apartado Solicitude de Cita Previa.
As citadas daranse de 9 a 14 en intervalos de 20 minutos. Agás nos caso do rexistro presencial, que non se darán citas, atenderase por orde de chegada, gardando os usuarios as distancias de seguridade oportunas.
Recomendase ó uso do rexistro electrónico a disposición na Sede Electrónica, sempre e cando sexa posible.
Cerceda, 2 de novembro de 2020. O Alcalde-Presidente Juan Manuel Rodríguez García.
O xoves 15 de abril abre o prazo para a solicitude de matrícula.
Os impresos da solicitude poden descargarse na páxina web do concello
---> Solicitude de nova praza A documentación pode achegarse:
* Pola sede electrónica: --->Solicitude praza escola infantil * Presencial no Rexistro Municipal.
Para calquera dúbida Servizos Sociais 9816806068
Ponse en coñecemento da veciñanza, que o Concello de Cerceda ven de poñer en funcionamento un servizo de recollida de residuos voluminosos para que aquelas persoas que desexen desfacerse dos residuos sólidos que non se poden botar nos colectores da recollida de lixo convencional poidan facelo dun xeito responsable.
Deste xeito o noso territorio verase beneficiado e os espazos que na actualidade están ocupados pola ferralla e outros obxectos inservibles nas nosas casas quedarán libres. Todas aquelas persoas interesadas en que se lles recollan enseres e/ou voluminosos deberán chamar, en horario laboral, á empresa que realiza a recollida de lixo no municipio. Os teléfonos de contacto son: 639.200.204 e 616.167.131.
Os días de recollida destes enseres voluminosos serán o último venres de cada mes, polo que será preciso deixar os residuos voluminoso a recoller o día anterior na vía pública. A modo informativo indícase que no caso dos veciños de Xalo a Comunidade de Propietarios establece a maiores unha recollida adicional que se efectúa o segundo xoves de cada mes Non se recollerán plásticos de agrícolas nin escombro para os que existe un sistema de recollida independente.
O que fago público para xeral coñecemento.
Asinado dixitalmente en Cerceda polo Alcalde Juan Manuel Rodriguez García
¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.
Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.