Noticias

Aquapark Cerceda

Xardín Botánico

Situado nunha parcela de 200.000 metros cadrados onde están situados o centro de desenvolvemento tecnolóxico, a aula da natureza e o viveiro, encádrase a nova lagoa de 1.500 metros de lámina de auga na que conviven, cisnes brancos e negros, cisnes negro de colo branco, cerceta bicolora, parrulos mandarines e carolines ademais de parrulos culleres.

Para a instalación das lagoas houbo que impermeabilizar os vasos e crear a circulación da auga a unha velocidade moderada. Ademais complementouse con varias pasarelas de madeira e de distinta funcionalidade: por unha parte, permitir o percorrido do público pola parte acuática e achegarse tamén ata a braña, sempre en total respecto co medio natural, e por outra, unha zona algo máis contemplativa.

En canto ao xardín botánico dicir que hai coníferas, algunha especie exótica, árbores, arbustos, frondosas...

Tanto o xardín Botánico coma a lagoa permanecerán abertas ao público de 10:30 da mañá a 18:00 da tarde de forma ininterrompida, sobre todo nos meses de verán.

Transporte público metropolitano

Instalación fotovoltaica na Piscina Climatizada do Concello de Cerceda

Na Piscina Climatizada de Cerceda acometeuse unha instalación fotovoltaica de autoconsumo, financiada pola Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) ao abeiro da Resolución do 2 de maio de 2019, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a proxectos de enerxía fotovoltaica, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco operativo Feder Galicia 2014-2020 e se procede a súa convocatoria en réxime de concorrencia  competitiva para o ano 2019 (DOG núm. 93 do 16/05/2019).

Calificacións finais da bolsa de emprego de operario/a do servizo de medio ambiente en réxime laboral temporal do Concello de Cerceda

Publícase a acta final do tribunal calificador, con data 18 de setembro de 2019, do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de operaria/o do servizo de medio ambiente en réxime laboral temporal. Attachments:
acta final bolsa medio ambiente setembro 2019.pdf

Campamentos deportivos Deputación 2019: Resultado do Sorteo público

Acta do Sorteo Público das prazas concedidas ao Concello de Cerceda no Programa de CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. O 05 de xuño de 2019 ás 11h30, no Salón de Plenos do Concello de Cerceda, ten lugar o Sorteo Público das prazas do programa CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 organizado pola Deputación da Coruña. Dá fe do acto o Secretario Xeral do Concello.
  1. O número de prazas asignadas pola Deputación da Coruña é de 3
  2. Preséntanse, en prazo, 6 solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda
  3. A cada persoa participante asígnaselle un número co que participará no sorteo público, de acordo co número de entrada da solicitude no Rexistro xeral:
1 2019/1158 CABEZA MARTÍNEZ, LYDIA
2 2019/1159 PARDO LÓPEZ, SAÚL
3 2019/1174 MOSQUERA SÁNCHEZ, NAGORE
4 2019/1178 LISTA MOSQUERA, PAULA
5 2019/1191 CASTRO GAREA, NURIA
6 2019/1318 VARELA PREGO, KEVIN
Realizado o sorteo, resulta a seguinte relación de persoas seleccionadas e a listaxe de reserva:
RESULTADOS DO SORTEO DAS PRAZAS PARA CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA CONCELLO DE CERCEDA
Nº SELECCIONADO APELIDOS E NOME
6 VARELA PREGO, KEVIN
4 LISTA MOSQUERA, PAULA
3 MOSQUERA SÁNCHEZ, NAGORE
LISTAXE DE RESERVA
2 PARDO LÓPEZ, SAÚL
5 CASTRO GAREA, NURIA
1 CABEZA MARTÍNEZ, LYDIA
Cerceda, 05 de xuño de 2019 O Secretario Xeral, Raúl Martínez Martínez Attachments:
Acta Sorteo Campamentos Deputacion 2019_veran.pdf

Campamentos deportivos Deputación 2019: Sorteo público de prazas

Campamentos Deportivos Deputación- Verán 2019: Sorteo público Mércores, 05 de xuño ás 11h30. Salón de Plenos Listaxe de Solicitantes_Concello de Cerceda
  1. Rematado o prazo de inscrición, o pasado 31 de maio de 2019, nas actividades incluídas no Programa de Campamentos deportivos 2019 organizado pola Deputación da Coruña, a listaxe das persoas solicitantes no Concello de Cerceda son as que se detallan a seguir:
    SOLICITUDES PRESENTADAS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 DEPUTACIÓN DA CORUÑA CONCELLO DE CERCEDA
    R/E Nº APELIDOS E NOME
    2019/1158 CABEZA MARTÍNEZ, LYDIA
    2019/1159 PARDO LÓPEZ, SAÚL
    2019/1174 MOSQUERA SÁNCHEZ, NAGORE
    2019/1178 LISTA MOSQUERA, PAULA
    2019/1191 CASTRO GAREA, NURIA
    2019/1318 VARELA PREGO, KEVIN
    Prazas concedidas ao Concello de Cerceda: 3 Solicitudes presentadas: 6
  2.  O Sorteo público desenvolverase o próximo mércores, 5 de xuño ás 11h30, no Salón de Plenos da Casa do Concello (2º andar).

Concentración no Campo da Feira no Día da Muller ás 12h

O Concello de Cerceda fai un chamamento á Concentración no Día Internacional da Muller no Campo da Feira ás 12h. #igualdade #moitoporconstruir

Resolución Subvencións municipais a deportistas e ás entidades culturais/deportivas 2018 e apertura do prazo de xustificación

Por Decreto da Alcaldía – Presidencia 818/2018, de 07 de decembro, aprobouse a resolución da Convocatoria pública de subvencións municipais a deportistas e ás entidades culturais e deportivas para a realización de actividades no ano 2018 (BOP núm. 210, de 5 de novembro de 2018). Accede a resolución íntegra dende esta nova. As entidades e persoas físicas beneficiarias terán ata o próximo 17 de decembro de 2018 para achegar a documentación xustificativa das ditas axudas concedidas. Accede dende aquí a documentación para facer a xustificación que tamén está dispoñible nas Oficinas xerais do Concello.   Attachments:
DOCUMENTACION XUSTIFICACION DEPORTISTAS.pdf
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICACIÓN ENTIDADES.pdf
Resolucion2018_web.pdf

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk