Noticias

Sorteo Público das prazas dos Campamentos deportivos de verán 2018 da Deputación da Coruña

O sorteo público das prazas asignadas ao Concello de Cerceda, pola Deputación da Coruña, da Campaña de Campamentos deportivos 2018, realizarase o martes 19 de xuño, ás 12:30h, no Salón de Plenos da Casa consistorial.

Campamentos urbanos de verán 2018: aberto o prazo de inscrición

O Concello de Cerceda vén de presentar a programación dos Campamentos de verán 2018. Xa podes consultar a información e facer a túa inscrición nas Oficinas xerais. Nas diferentes quendas mesturaranse actividades lúdicas propias de campamentos adaptadas ás diferentes idades, con actividades de ámbito cultural que acheguen aos nenos e nenas ao pobo de Cerceda, á natureza, á cociña … Todas estas actividades estarán encamiñadas a conseguir que os nenos e nenas disfruten do seu tempo de ocio mediante novas experiencias.
  • Dirixido a nenos/as nados/as do 2.000 ao 2014.
  • Datas das quendas:
  • QUENDA 1 :   25 de xuño ao 6 de xullo QUENDA 2: 9 de xullo ao 20 de xullo QUENDA 3: 23 de xullo ao 6 de agosto

Imos esquiar a Cabeza de Manzaneda?

O Concello de Cerceda organiza para a primeira fin de semana do mes de marzo, do 2 ao 4, unha viaxe a Cabeza de Manzaneda. Se tes entre 18 e 30 anos, ésta é a túa oportunidade para aproximarte á práctica deportiva do esquí. A viaxe inclúe: * Aloxamento de dúas noites en Apartamentos Galicia (apartamentos para 4 persoas) en réxime de pensión completa (que inclúe: o uso da pisicina cuberta e climatizada)
* Sesións de 3 horas de iniciación na práctica do esquí, o sábado 3 e o domingo 4 de marzo. * Material deportivo
* Forfait do día
* Autobús dende Cerceda a Cabeza de Manzaneda (e regreso) PREZO: 125,00 euros por persoa (Sempre e cando se teña un grupo mínimo de 30 persoas) APERTURA PRAZO INSCRICIÓN: Xoves, 1 de febreiro. INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais do Concello

Torneo Xadrez Concello de Cerceda este domingo 1 de outubro na Polideportiva de Cerceda

O próximo domingo, 1 de outubro, a Polideportiva de Cerceda acolle o II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda, incluído no II Circuíto intercomarcal da Deputación da Coruña. O encontro terá a partir das 15:45h. Consulta as Bases do Aberto e o proceso de inscrición na proba: Bases do II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda – VIII proba de II Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña
Data: domingo 1 de outubro de 2017.
Local de xogo: Polideportiva de Cerceda.
Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.
Ritmo de xogo: 10´+ 2”
Horario de xogo: 15:45 presentación, 16:15: 1ª ronda, 21:30 clausura
Inscricions: xeral 6€, sub-16 3€, locais: 3€, exentos GM-MI. Pódense realizar no mail pokeryajedrez@gmail.com ou no 617234393 ata o sábado 30 de setembro. Emparellamentos: realizarase mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Participantes: todos os xogadores deben estar federados (se algún non o esta podemos federalo ata o día 30), o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido. Desempates: resultado particular, bucholz -1, bucholz total e progresivo.
Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

XIII Carreira Popular Pedestre da Silva este domingo 17 de setembro

Este domingo, 17 de setembro, disputarase a XIII Carreira Popular Pedestre da Silva, dende as 10:20h. Como novidade, nesta cita do 2017 tamén se desenvolverá unha competición de Salto na rúa. Anota a cita deportiva desta fin de semana!

Programación das actividades de formación da Aula CeMit de Cerceda

A Aula CeMit de Cerceda presenta a súa programación de actividades para o último trimestre de ano 2019. Consulta a programación e non esquezas facer a túa solicitude, a partir do luns 23 de setembro no Centro Cívico. No de mes de Outubro comezamos os novos cursos para adultos de informática e móbiles. As inscricións poderán facerse dende o martes 24 de 9 a 14 ata esgotar as prazas na oficina da planta baixa do Centro Cívico. Máis información no 981686209 ou a través de whatsapp no 644529990 Facebook Aula CeMIT Cerceda

Teléfono problemas recepción TDT: 900 833 999

CAU 900 833 999 Máis información en https://www.llega800.es/

Despedimos o mes de Maio con Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda

Anota... este venres, 31 de maio, tocan Merendas e Contos na Biblioteca municipal de Cerceda ás 17h30. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello.
  • MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA// VENRES, 31 DE MAIO ÁS 17H30
  • ESPECTÁCULO: Un invento para chegar ao ceo. TRINKE TRINKE TEATRO
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
 

Chega a Cerceda Patapatúm da Compañía Elefante Elegante o domingo 5 de maio

A espectáculo infantil PATAPATÚM, recentemente galardoado na edición XXIII Premios de Teatro María Casares, da Compañía Elefante Elegante chega a Cerceda o domingo 5 de maio ás 17:30h. Unha oportunidade para desfrutar dun espectáculo de teatro visual, e de gran elegancia estética, sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada no universo musical dixieland, a máscara e o xogo físico que propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá. Non o esquezas:
  • AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA/ DOMINGO, 5 DE MAIO ÁS 17:30H
  • ESPECTÁCULO: PATAPATÚM. COMPAÑÍA ELEFANTE ELEGANTE
  • Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 

Canta, miña pedra, canta un espectáculo para as Letras Galegas 2019

Canta, miña pedra, canta Contos e cancións para renderlle homenaxe a Antonio Fraguas O Concello de Cerceda quere, deste xeito, conmemorar o Día das Nosas Letras cunha proposta de música familiar para o venres, 17 de maio ás 17h, no Auditorio municipal de Cerceda. O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita reúnense neste espectáculo familiar que xira arredor dos relatos populares galegos e mais de cancións que o autor das Letras Galegas deste 2019 recolleu nas súas Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade. Co obxectivo de que o público que ve o espectáculo poida seguir afondando na lectura en galego e no coñecemento do noso patrimonio lingüístico e literario, o alumnado de Educación Primaria dos centros educativos de Cerceda, con motivo do Día do Libro 2019, foi agasallado cunha pequena antoloxía de narracións tradicionais de Galicia escolmadas por Quique Harquindey e Maruxa Barrio titulada O fillo do rei e outros contos populares. AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA VENRES, 17 DE MAIO ÁS 17:00 H

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk