Noticias

Curso básico de lingua galega do SNL da Mancomunidade

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes vai levar a cabo a realización dun curso básico de lingua galega dirixido fundamentalmente a persoas  interesadas na adquisición das competencias básicas en lingua galega (poboación non galega, basicamente): Curso básico de lingua galega  Prazo de solicitude: ata o 11 de outubro Lugar: SNL da Mancomunidade de Ordes, de 08:00 a 15:00 horas (tel.: 981 680 002, ext.120) Datas de realización do curso: 17 outubro-7 decembro 2017 (martes e xoves, de 10:00 a 12:30 horas) Lugar de realización do curso: o concello que teña máis solicitudes

Voltan as Merendas e Contos á Biblioteca da Silva este venres 29 de setembro

Chega á Biblioteca municipal da Silva, dentro da programación do Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, o espectáculo CONTOS DE MARMALEIRO, ANÍS E LIMÓN de Marisa Irimia. Historias cheas de maxia e emocións. Contos doutros tempos e outras falas, contos que vos farán gozar e que vos iniciarán no camiño dos relatos e as historias.
Público: Nenos de 4 a 10 anos. BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA -
  • VENRES, 29 DE SETEMBRO
  • ÁS 17:15H
Inscricións das Oficinas xerais do Concello ou no teléfono: 981685001, a partir do luns 25 de setembro.

Teatro do Noroeste co seu espectáculo Estado de Graza este sábado 30 de setembro no Auditorio

TEATRO DO NOROESTE co espectáculo ESTADO DE GRAZA Sábado, 30 de setembro – Ás 20:30h Auditorio municipal de Cerceda Teatro do Noroeste chega a Cerceda, da man da Deputación da Coruña, para conmemorar o seu 30 Aniversario na escena galega co espectáculo Estado de Graza. A presentación do espectáculo, no Auditorio municipal de Cerceda, coindice coa reunión anual da Asociación de directores/as de escena de España que este ano celébrase en Galicia.   A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas. A historia de catro mulleres que loitan por establecer o seu lugar no mundo nun momento histórico complicado como foi o tardo franquismo. Público adulto http://www.teatrodonoroeste.com/obra.php?idObra=57

Último día para inscribirse ao Camiño Santiago - Fisterra

As persoas interesadas en facer o Camiño francés de Santiago a Fisterra no mes de outubro, teñen ata hoxe, xoves 14 de setembro, para poderse inscribir. Máis información no teléfono 981685001

Cursos de informática da AulaCemit: apertura do prazo de inscrición

Xa está lista a programación de actividades da AulaCemit. O prazo de inscrición para os cursos de informática para persoas adultas e as xornadas de móbiles e tabletas ábrase o mércores 6 de setembro. As inscricións para as actividades dirixidas ás nenas e aos nenos abrirase o 18 de setembro. As solicitudes realizaranse no Centro Cívico de Cerceda, en horario das 10:00h ás 13:00h
Consulta a programación: CURSOS NEN@S (2 Outubro – 31 Maio)
  • 1º – 6º E.P: Luns / 15:00 – 16:00 / A Silva
  • 1º – 2º E.P: Martes / 16:15 – 17:15 / Cerceda
  • 3º – 4º E.P: Mércores / 16:15 – 17:15 / Cerceda
  • 5º – 6º E.P: Xoves / 16:15 – 17:15 / Cerceda
CURSOS ADULTOS
  • MÓBILES E TABLETS
  • Curso Manexo Tablets Vodafone: 2 – 4 Outubro / 10:30 – 12:00 / Cerceda
  • Curso Manexo Tablets Vodafone: 9 – 11 Outubro / 10:30 – 12:00 / A Silva
  • Curso Manexo Móbiles: 23 – 25 Outubro / 10:30 – 12:00 / Cerceda
  • INFORMÁTICA
  • Curso Iniciación: 6 Novembro – 14 Xuño / Luns e Xoves / 10:30 – 11:30 / Cerceda
  • Curso Retoque Fotográfico con Gimp: 7 Novembro – 9 Febreiro / Martes e Venres / 10:15 – 11:15 / Cerceda
  • Curso Windows: 7 Novembro – 9 Febreiro / Martes e Venres / 11:30 – 12:30 / Cerceda
  • Curso Windows: 8 Novembro – 13 Xuño / Mércores / 10:30 – 12:00 / A Silva
TALLERES E CHARLAS  
  • Charla Móbiles Compras en Internet: 22 Setembro / 11:00 – 12:30 / Cerceda
  • Charla Móbiles Administración Electrónica: 29 Setembro / 11:00 – 12:30 / Cerceda
  • Charla Móbiles Organiza as túas Viaxes: 6 Outubro / 11:00 – 12:30 / Cerceda
  • Charla Móbiles Coida a túa Saúde: 13 Outubro / 11:00 – 12:30 / Cerceda
  • Charla Móbiles Facebook: 20 Outubro / 11:00 – 12:30 / Cerceda
  • Taller Móbiles e Tablets Orange: 28 Setembro / 11:00 – 12:30 / Cerceda
INSCRICIÓNS
  • ADULTOS: A partir do 6 de Setembro ata cubrir prazas
  • NEN@S: A partir do 18 de Setembro ata cubrir prazas
Oficina planta baixa – Centro Cívico Horario: 10:00 – 13:00

Aquapark Cerceda

Xardín Botánico

Situado nunha parcela de 200.000 metros cadrados onde están situados o centro de desenvolvemento tecnolóxico, a aula da natureza e o viveiro, encádrase a nova lagoa de 1.500 metros de lámina de auga na que conviven, cisnes brancos e negros, cisnes negro de colo branco, cerceta bicolora, parrulos mandarines e carolines ademais de parrulos culleres.

Para a instalación das lagoas houbo que impermeabilizar os vasos e crear a circulación da auga a unha velocidade moderada. Ademais complementouse con varias pasarelas de madeira e de distinta funcionalidade: por unha parte, permitir o percorrido do público pola parte acuática e achegarse tamén ata a braña, sempre en total respecto co medio natural, e por outra, unha zona algo máis contemplativa.

En canto ao xardín botánico dicir que hai coníferas, algunha especie exótica, árbores, arbustos, frondosas...

Tanto o xardín Botánico coma a lagoa permanecerán abertas ao público de 10:30 da mañá a 18:00 da tarde de forma ininterrompida, sobre todo nos meses de verán.

Resolución Subvencións municipais a deportistas e ás entidades culturais/deportivas 2018 e apertura do prazo de xustificación

Por Decreto da Alcaldía – Presidencia 818/2018, de 07 de decembro, aprobouse a resolución da Convocatoria pública de subvencións municipais a deportistas e ás entidades culturais e deportivas para a realización de actividades no ano 2018 (BOP núm. 210, de 5 de novembro de 2018). Accede a resolución íntegra dende esta nova. As entidades e persoas físicas beneficiarias terán ata o próximo 17 de decembro de 2018 para achegar a documentación xustificativa das ditas axudas concedidas. Accede dende aquí a documentación para facer a xustificación que tamén está dispoñible nas Oficinas xerais do Concello.   Attachments:
DOCUMENTACION XUSTIFICACION DEPORTISTAS.pdf
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICACIÓN ENTIDADES.pdf
Resolucion2018_web.pdf

Convocatoria das Subvencións a deportistas e a entidades culturais ou deportivas para a realización de actividades no ano 2018

O Concello de Cerceda vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia as bases da Convocatoria 2018 das Subvencións a deportistas e a entidades culturais/deportivas para a realización de actividades neste exercizo. O prazo de solicitude permanecerá aberto dende o 06 ao 20 de novembro (ambos incluídos) e a documentación estará dispoñible nas oficinas xerais do concello e na páxina web municipal. As subvencións que son obxecto desta convocatoria en materia de actividades socioculturais e deportivas e as bolsas para deportistas efectuaranse con cargo ás partidas orzamentarias que a continuación se especifican, e co límite da súa consignación orzamentaria:
Obxecto Aplicación orzamentaria Límite orzamentario
Actividades culturais    
Actividades deportivas    
Serán obxecto de subvención as actividades ou investimentos que se leven a cabo dentro do ámbito municipal que teñan por fins os seguintes: -         Dinamizar a xuventude do Concello. -         Promocionar a cultura e o benestar social do Concello. -         Promocionar o deporte, o exercicio físico, o coidado da saúde etc. -         Apoiar as carreiras dos e das deportistas de Cerceda. En xeral, non serán obxecto de subvención as actividades que se desenvolvan fóra do termo municipal, agás aquelas que sexan consecuencia de intercambios deportivos ou culturais ou a participación en campionatos. Así mesmo, no caso dos/as deportistas deberán acreditar documentalmente a participación efectiva nas competicións/xornadas/campus deportivos nos que se queiran xustificar gastos de desprazamento, aloxamento e/ou manutención mediante os correspondentes xustificantes de asistencia ou participación. Non se subvencionarán os gastos, como comida ou bebidas, destinados a organización dos campionatos ou actividades para as que se solicita a subvención. Os gastos susceptibles de subvención serán os que se realicen no período comprendido entre o 1 de xaneiro ao 17 de decembro de 2018. Entidades ou persoas beneficiarias.- Poderán ser beneficiarias as entidades públicas ou privadas que estean na situación que fundamenta a concesión da subvención, que cumpran o disposto no artigo 13 da Lei 38/2003 e que reúnan os seguintes requisitos:
  1. Estar debidamente inscritas no rexistro municipal de asociacións e entidades do Concello de Cerceda ou telo solicitado na data da petición.
  2. Estar ao corrente da xustificación das subvencións concedidas no exercicio anterior ou ter solicitada unha prórroga debidamente xustificada e aprobada.
  3. Non ter contraída ningunha débeda co Concello de Cerceda por ningún concepto, nin con calquera outra administración
  4. Poderán participar nesta convocatoria as e os deportistas de Cerceda non profesionais que destaquen por resultados en competicións oficiais e que estean en posesión da correspondente licenza federativa, e, empadroados/as no Concello de Cerceda cunha antigüidade de, polo menos, dous anos consecutivos, ao momento da solicitude
2. Non poderán acceder á concesión das subvencións municipais reguladas na presente convocatoria as seguintes entidades:
  1. As entidades que por resolución firme fosen sancionadas por incumpriren as condicións previstas na autorización precisa para desenvolveren a actividade.
  2. As entidades que se beneficien dunha subvención nominativa no orzamento do exercicio 2018 para esta mesma finalidade.
  3. As entidades que perdesen o dereito a obter as subvencións como consecuencia do procedemento sancionador correspondente, e polo prazo establecido na resolución.
  4. As entidades que, en virtude da normativa vixente, teñan limitado ou suprimido este dereito, e, especificamente, os recollidos no artigo 13 da Lei 38/2003.
DOCUMENTACIÓN SOLICITUDE: Dispoñible nas Oficinas Xerais do Concello e na páxina web municipal. Documentación solicitude das Entidades culturais ou deportivas:
  1. A solicitude segundo o modelo, que se facilitará nas oficinas municipais, na páxina web municipal ou na Sede Electrónica Municipal. (ANEXO 1)
  2. Unha memoria explicativa da actividade ou investimento que se pretende realizar. O período para o desenvolvemento destas actividades/investimento abarcará dende o 1 de xaneiro ao 17 de decembro do ano en curso. (ANEXO 2)
  3. O orzamento de ingresos e de gastos, coa expresión da súa forma de financiamento (ANEXO 3)
  4. Declaración de outras subvencións solicitadas e/ou concedidas por outros organismos públicos ou privados para o mesmo fin (ANEXO 4)
  5. Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración tributaria e coa administración autonómica, e coa Seguridade Social (ANEXO 5)
  6. Declaración responsable de que a entidade non está incursa en ningunha das prohibicións sinalas nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións (ANEXO 6)
  7. Declaración responsable de que a entidade non ten pendente ningún pagamento de reintegro de subvencións, públicas e privadas, tal e como esixe o artigo 25 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións (ANEXO 7)
  8. Certificado do acordo de solicitude da subvención e nomeamento do representante (ANEXO 8)
  9. Declaración dos/as membros das Xuntas directivas das entidades e autorización para a difusión de datos e da imaxe. (ANEXOS 9 e 10)
Documentación solicitude dos/as Deportistas non profesionais:
  1. Solicitude da subvención segundo o modelo normalizado (ANEXO 1)
  2. Certificado da federación deportiva correspondente no que constarán as participacións e os resultados máis salientables obtidos nas diferentes competicións coa especificación de datas, lugar e nivel e categoría de competición do/a deportista durante a tempada 2018. Ou presentación do Historial 2017 do/a deportista segundo o modelo (ANEXO 11) asinado pola correspondente federación deportiva.
  3. Proxecto deportivo a desenvolver durante o ano 2018, no que se incluirá: (ANEXO 12)- Detalle das competicións as que pretende asistir durante o ano 2018, coa expresión da súa denominación, data, lugar e número total de competicións.- Nivel da competición (provincial, autonómica, nacional)- Categoría da competición
  4. Orzamento de gastos e ingresos estimados da tempada (ANEXO 13)
  5. Copia da licenza federativa para a tempada 2018
  6. Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración tributaria e coa administración autonómica, e coa Seguridade Social (ANEXO 15)
  7. Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración tributaria e coa administración autonómica, e coa Seguridade Social (ANEXO 15)
  8. Declaración responsable de que a persoa solicitante non está incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a de subvencións públicas recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (ANEXO 16)
  9. Declaración responsable de que a persoa solicitante está ao corrente no cumprimento de obrigas por reintegro de subvencións (artigo 25 do Regulamento que desenvolve a Lei 38/2003, Xeral de Subvencións. (ANEXO 17)
  10. Autorización para a difusión de datos e de imaxe (ANEXO 18)
Presentación de solicitudes, prazo e documentación: As entidades culturais ou deportivas, e, os/as deportistas non profesionais deberán solicitar a subvención no prazo de 15 días naturais, que contarán a partir do día seguinte ao de se publicar esta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, ben por presentación telemática na Sede electrónica municipal do Concello de Cerceda (https://sede.cerceda.es) ou presencial no Rexistro xeral do Concello de Cerceda e demais formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo común. Attachments:
0_2018_Bases convocatoria.pdf
1Formulario Solicitude 2018_Entidades.pdf
2Formulario Solicitude_Deportistas.pdf

Subcategorías

FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk