Reunido o tribunal cualificador da praza de admnistrativo/a interino/a, e á vista das bases da convocatoria,
Resolve:
1.- Conceder prazo de alegacións ata o día: martes 20 de marzo de 2018, que deberán ser enviadas ao correo electrónico, "rexistro@cerceda.es"
2.- As alegacións, de habelas, resolveránse o mércores día 21 de marzo de 2018. Serán comunicadas aos interesados polo correo electrónico que facilitaran eles mesmos.
3.- O exame práctico realizarase o día xoves 22 de marzo de 2018 ás 9:30h no Salón de Plenos do Concello de Cerceda. Avda. do Mesón, 21 – Cerceda. Polo que anúlase a convocatoria feita para o día 19 de marzo ás 9:30h.
Cerceda, 16 de marzo de 2018
Reunido o Tribunal cualificador acorda convocar a proba práctica para o vindeiro día 19 de marzo de 2018 as 9.30 horas, que se realizará no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Os opositores convocados son os seguintes:
A Aula CeMit de Cerceda presenta a súa programación de actividades para o último trimestre de ano 2019. Consulta a programación e non esquezas facer a túa solicitude, a partir do luns 23 de setembro no Centro Cívico.
No de mes de Outubro comezamos os novos cursos para adultos de informática e móbiles. As inscricións poderán facerse dende o martes 24 de 9 a 14 ata esgotar as prazas na oficina da planta baixa do Centro Cívico. Máis información no 981686209 ou a través de whatsapp no 644529990
Facebook Aula CeMIT Cerceda
Anota... este venres, 31 de maio, tocan Merendas e Contos na Biblioteca municipal de Cerceda ás 17h30. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello.
MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA// VENRES, 31 DE MAIO ÁS 17H30
ESPECTÁCULO: Un invento para chegar ao ceo. TRINKE TRINKE TEATRO
INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
A espectáculo infantil PATAPATÚM, recentemente galardoado na edición XXIII Premios de Teatro María Casares, da Compañía Elefante Elegante chega a Cerceda o domingo 5 de maio ás 17:30h. Unha oportunidade para desfrutar dun espectáculo de teatro visual, e de gran elegancia estética, sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada no universo musical dixieland, a máscara e o xogo físico que propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá. Non o esquezas:
AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA/ DOMINGO, 5 DE MAIO ÁS 17:30H
¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.
Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.