Noticias

O Concello de Cerceda a tráves dunha subvención  recibida para equipamentos térmicos de biomasa do Instituto Enerxético de Galicia acaba de executar o proxecto de instalación dunha caldeira de pellets na Biblioteca Municipal de Cerceda. 

Con este proxecto contase de acadar un importante aforro enerxético na instalación.

O Concello de Cerceda pon en marcha o sistema de información móbil TokApp. A través desta plataforma de notificacións poderás recibir todos os avisos e notificacións do noso concello.

O sistema require ter descargada a aplicación, TokApp, no teu teléfono ou tableta e cubrir un sinxelo formulario para darse de alta. Podes facelo dende o seguinte enlace

Non perdas a oportunidade de estar informado de todo o que pasa no teu concello!

VIVEIRO INDUSTRIAL DE EMPRESAS DO CONCELLO DE CERCEDA

O concello de Cerceda ten aberto ata o 30 de xuño, o prazo para solicitar un espazo no viveiro industrial de empresas.

Se eres emprendedor/a ou tes un negocio industrial, con menos de 6 meses de antigüidade, pódeste instalar no noso viveiro. Poñemos a túa disposición oficinas e naves para empresas industriais e todos os servizos para o funcionamento do teu negocio.

Para mais información dirixirse a axente de desenvolvemento local do Concello de Cerceda.

O Concello de Cerceda, a través do INEGA co cofinanciamento dos fondos FEADER, ven de executar os seguintes proxectos de enerxías renovables:

  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal das Encrobas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.
  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal de Queixas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.

Dentro do Plan Marco : Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, subvencionado pola Consellería de Medio Rural, e financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) o Concello de Cerceda executou o proxecto “Camiño de Brazal- Límite e outros”. Neste proxecto executáronse as obras de mellora dos camiños Brazal- Límite, Cabalar a Aruxeira, Aruxeira a Gándara e camiño de Belsar.

O pasado sábado, 13 de xuño, quedou constituída a nova Corporación municipal tras as eleccións do 24 de maio. A composición queda do seguinte xeito:

Grupo municipal do PSG-PSOE: 7 concelleiros/as

  • D. José García Liñares, Alcalde-Presidente
  • D. Antonio Lozano García
  • Dna. María Viqueira Iglesias
  • D. Jesús Rama Bello
  • Dna. Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
  • D. Francisco Javier Boquete Cambón
  • Dna. Cristina Capelán Cancelo

Grupo municipal do PP: 4 concelleiros/as

  • D. José Francisco Santos Regueiro
  • D. Juan José Boquete Carnota
  • Dna. Pilar Amor Mallo
  • Dna. Gloria Bocija Louro

Grupo municipal do BNG: 2 concelleiros/as

  • Dna. Rocío da Igrexa Prego
  • D. Alberte Sánchez Regueiro

Con data 29/05/2024 foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 103, as bases polas que se rexerá a convocatoria das axudas municipais para a escolarización para o vindeiro curso escolar 2024-2025. O prazo de solicitude das axudas será dende o 30/05/2024, ata o 18/06/2024 (ambos os dous incluídos)

Subvencionaranse os gastos derivados da compra de:

a) Libros de texto

b) Material escolar

c) Vestiario básico

d) Material informático (soamente para o alumnado que teña establecido o emprego da mochila dixital)

2. Non é obxecto de financiación desta convocatoria o equipamento deportivo para as actividades extraescolares 

 

Para máis información poden contactar co Departamento de Servizos Sociais, no telf.: 981 68 60 68.

 

>>> Ver ou descargar Bases e Anexos

>>> Ver ou descargar solicitude

 

Con data 29 de xuño de 2022 foi aprobada pola Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Comunicación, a listaxe definitiva do alumnado admitido na escola infantil municipal "Os Pillabáns" para o curso escolar 2022/2023.

Informar ás persoas interesadas que disporán dun prazo de 15 días naturais, que contarán dende a data de recepción da notificación da concesión da praza, para confirmar a matricula e formalizar o contrato. Deberán presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00h. a 14.00h. e provistos de:

  • Confirmación da matrícula
  • Contrato asinado (deberá recollerse e asinar previamente no departamento de Servizos Sociais)
  • Certificado médico do/a menor, indicando que ten todas as vacinas actualizadas
  • DNI orixinal daquelas persoas que queiran autorizar para que poidan recoller aos menores na escola

Se despois de rematar este período non se formaliza o contrato perderan o dereito á praza concedida.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68

Páxina 27 de 32