Noticias

Axudas para audífonos a persoas con dificultades económicas da Obra Social Amplifón en colaboración co departamento de Servizos Sociais.

A Obra Social Amplifón pon en marcha unhas axudas, en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello, para a adquisición de audífonos, estudo auditivo, asesoramento e xestión de axudas, adaptacións infantís... para aquelas persoas que presenten problenas auditivos e presenten dificultades económicas para mercar os audífonos.

A misión da Obra Social é contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas con menor sensibilidade auditiva, para que volvan a ser plenamente activas e recuperen unha comunicación totalmente satisfactoria que lles permita disfrutar en todas as situacións de cotío.

A Fundación, a través da Obra Social, pon a disposición dos colectivos máis desfavorecidos os seguintes servizos:

  • Estudo auditivo de balde
  • Subvención de ata un 75 % en audífonos
  • Asesoramento e xestión de axudas
  • Donación de audífonos (previa valoración)
  • Adaptacións infantís

Poderán beneficiarse destas axudas aquelas persoas que presenten problemas auditivos e que a súa renda per cápita sexa inferior a 700€.

A persoa usuaria deberá acudir o departamento de servizos sociais para que lle fagan a valoración e a derivación, e logo acudir a un centro Amplifón (en Coruña, na rúa Francisco Mariño, 14) con cita previa.

Máis información no departamento de Servizos Sociais do concello ou no teléfono 981 68 60 68.

 

 

Resolución das axudas dirixidas ás familias para transporte escolar para o curso 2018-2019.

O prazo de xustificación é do 3 o 14 de decembro.

Deberán presentar no rexistro xeral do Concello:

- Anexo III.

- Certificado de asistencia regular dende comezo do curso ata o día 1 de decembro, expedido polo centro de estudos se atope matriculado o alumno ou alumna.

Dende hoxe, 18 de abril, está aberto o prazo de solicitude do Programa benestar en Balnearios 2018.

Os solicitantes deberán ser maiores de 60 anos, ou de 55 se reunen a condición de pensionistas do sistema da Seguridade Social.

Poderán ir acompañados/as do seu cónxuxe ou fillo/a con discapacidade.

As quendas teñen unha duración do 10 días (9 noites), realizanse en réxime de epnsión completa e desenvolveranse entre o mes de maio a outubro de 2018.

O prazo de presentación de solicitudes é:

- ata o 16 de maio, para as quendas de maio a xuño.

- ata o 31 de maio, para as quendas de xullo a outubro.

Previsiblemente na primeira quincena de xuño, sairá una nova convocatoria de prazas en Talasos de Galicia, cunha duración de 6 días (5 noites), con quendas para o último trimestre do ano.

Dende hoxe, día 1 de febreiro e ata o 21 de marzo está aberto o prazo de solicitude da prestación económica de pago único por fillas e fillos menores de tres anos.

Poden beneficiarse destas axudas aquelas persoas con fillas e fillos menores de tres anos a 1 de xaneiro de 2018, é dicir, as nacidas e nacidos entre o 02/01/2015 e o 01/01/2018. E con fillos e fillas adoptadas ou acollidas entre o 31/12/2016 e 31/12/2017.

Para poder beneficiarse desta prestación económica, os membors da unidade familiar non deben ter feita a declaración da renda do exercicio 2016, sexa de forma obrigatoria ou voluntaria.

Contía da axuda:

  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros

Normativa: Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018. (BS410A). (DOG nº 22 do 31/01/2018)

Máis información nos Servizos Sociais do concello.

Teléfono: 981 68 60 68.

Dende o Concello de Cerceda, organizase para o sábado 21 de abril de 2018, unha viaxe a Corcubión co seguinte programa:

09.00h.- SAÍDA DE DIANTE DO MUSEO DO MOUCHO.
- VISITA AO CASCO HISTORICO DE CORCUBIÓN
- VISITA AO ÉZARO
14.00h.- XANTAR
16.00h.- BAILE
19.00h.- SAÍDA PARA CERCEDA
* O programa pode sufrir variacións, antes ou durante a viaxe.

Para mais información, pode acudir o edificio municipal 3º andar, ou ben chamar ao 981 68 60 68.

Dende o Concello de Cerceda, abriuse o prazo, para a Viaxe a Extremadura, dos días 21 ao 24 de marzo de 2018.

O programa, recolle varios aspectos a destacar tales como:
-    Guía Oficial para visita de Mérida, Cáceres, Trujillo e Plasencia.-  

-    Entradas en monumentos emblemáticos: o Castelo árabe, Casa Museo Pizarro, Igrexa de Santiago, Aljibe Altamirano, Igrexa de Santa María.
o    Teatro e Anfiteatro Romano, Alcazaba, Casa del Mitreo e Área Funeraria, Área Arqueolóxica de Moreira e Circo Romano.
o    Palacio dos Golfines de Abaixo.
o    O Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe.

O prezo por persoa en habitación dobre, é de : 295 €.

O prezo por habitación individual é de: 355 €

Para mais información poden acudir o 3º andar do edificio municipal, ou ben chamar ao 981 68 60 68.

O Concello de Cerceda co cofinanciamento da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e do Fondo Social Europeo, executou unha serie de melloras na Escola Infantil “Os Pillabáns”.

A través da convocatoria de concesión de axudas para o investimento na mellora de infraestructuras e do equipamento da escolas infantís, da Consellería de Política Social, de 32 de maio de 2017, o concello acometeu a cubrición do patio exterior da escola infantil, o que vai permitir unha optimización da zona de xogos e esparcimento dos/as nenos e nenas, subvenciona en 20.000 euros pola administración autonómica.Con esta convocatoria tamén se fixo unha inversión en equipamento en material audivisual e material educativo de aprendizaxe subvencionado con 8.639,85 euros.

Páxina 29 de 31