Noticias

O Concello de Cerceda co cofinanciamento da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e do Fondo Social Europeo, executou unha serie de melloras na Escola Infantil “Os Pillabáns”.

A través da convocatoria de concesión de axudas para o investimento na mellora de infraestructuras e do equipamento da escolas infantís, da Consellería de Política Social, de 32 de maio de 2017, o concello acometeu a cubrición do patio exterior da escola infantil, o que vai permitir unha optimización da zona de xogos e esparcimento dos/as nenos e nenas, subvenciona en 20.000 euros pola administración autonómica.Con esta convocatoria tamén se fixo unha inversión en equipamento en material audivisual e material educativo de aprendizaxe subvencionado con 8.639,85 euros.

O Concello de Cerceda, dende o Departamento de Servizos Sociais, tivo que realizar un cambio na data da viaxe, que queda marcada para o venres seguinte, día 9 a Santiago de Compostela, co seguinte programa:

09.00hs -Saída de diante do Museo do Moucho

   Visita ao Museo do Traxe Juanjo Linares

    Visita ao Parlamento de Galicia

14.00hs - Xantar no restaurante " Os Robles"

              Sopa

              Cocido

              Postres caseiros, café , auga e refrescos

16.00hs Baile

19.00hs Saída para Cerceda

O prezo por persoa é de 22 ,00€.

Para anotarse deben acudir ao Concello ao 3º andar. Pode informarse no telf 981 68 60 68

 

Rematado o prazo de solicitude e o prazo de subsanación da documentación requirida e unha vez valoradas todas as solicitudes de acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Xunta de Goberno Local aprobou en data 29/11/2017 a relación das axudas concedidas e das denegadas.

Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 11 das bases da convocatoria o prazo para presentar no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa comezará o día 1 de decembro e rematará o 30 de decembro de 2017. Segundo o artigo 11.2 das bases, no caso en que non presenten a xustificación no prazo establecido, entenderase que desisten da súa petición.

De acordo co establecido no artigo 12, o pagamento da axuda concedida farase efectivo logo da presentación da documentación xustificativa.

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes , para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material e vestiario para o curso 2017/2018, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, a Xunta de Goberno Local celebrada o día 08/11/2017, aprobou a resolución definitiva das solicitudes concedidas e as denegadas, así como as contías das axudas.

Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 13 das bases da convocatoria disporán dun prazo para presentar no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa, establecida no artigo 12 de ditas bases.

Prazo de xustificación: do 1 ao 15 de decembro de 2017

Máis información no teléfono 981 68 60 68

 

 

Con data 06/11/2017 o alcalde, José García Liñares, aprobou por decreto nº 680/2017, as listaxes coa relación das solicitudes completas e as pendentes de subsanar documentación, para as axudas municipais para o transporte escolar para o curso 2017-2018.

 

Informar ás persoas interesadas que disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida a contar a partir do día seguinte desta publicación.

No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello, a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas.

 

Prazo de subsanación: ata o día 21/11/2017

 

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68

 

O concello de Cerceda, organiza para o sábado 4 de novembro, unha viaxe a Sarria, co seguinte programa:

 8.30 Saída de diante do Museo do Moucho

10.00 Chegada a Sarria

          Visita polo pobo

14.00 Xantar

A tarde baile

19.00 Saída para Cerceda.

 

* O programa está suxeito a modificacións que poidan darse ata o día da viaxe

 

O precio por persoa é de 22 €.

Para mais información poden chamar ao 981 68 60 68. 

 

 

 

 

 

O departamento de Servizos Sociais participou nun estudo de investigación, levado a cabo pola Universidade de Berkeley (California) sobre a aplicación de novas técnicas de intervención psicosocial, a texting terapia.

Acaba de publicarse o artigo que presenta os resultados deste estudo, baseado no uso dun modelo cognitivo conductual, a texting terapia, como ferramenta de intervención terapéutica para mellorar a saúde mental, física e social de mulleres desempregadas de longa duracción.

O metodo, consistía no envío automatizado de SMS os teléfonos móbiles das usuarias, selecionadas o azar dende os departamentos de servizos sociais dos concellos que participaron no estudo. Levouse a cabo durante 28 días. O cen por cento das mulleres que participaron no estudo amosaron a súa satisfacción e utilidade desta terapia.

O artigo foi publicado no Journal of Technology and Human  Services, e pode consultalo no seguinte enlace.

 

A Comisión de Baremación, Coordinación e Seguimento da escola infantil municipal "Os Pillabáns", reuniuse con data 29 de maio de 2017 para a valoración das solicitudes de renovación de praza e, aplicar o baremo de ingreso ás solicitudes de nova praza para o curso escolar 2017-2018.

Unha vez baremadas todas as solicitudes asignáronse as prazas por orde de puntuación.

As persoas interesadas, de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola infantil, dispoñen dun prazo de 10 días naturais posteriores á data de exposición pública desta listaxe, para efectuar as reclamacións que consideren. Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da listaxe definitiva.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais

Con motivo da planificación do sistema de transporte público de Galicia e a integración do transporte baixo demanda, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Social, María Viqueira Iglesias, agradece a colaboración da veciñanza de Cerceda para que lle acheguen as súas opinións sobre os problemas relacionados co transporte público no noso concello.

As persoas interesadas poderán achegar as súas suxerencias sobre as paradas, as rutas, os horarios e calquera outra cuestión relacionada co transporte, chamando ao teléfono 981 68 50 01 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

As suxerencias serán recollidas ata o próximo luns día 6 de febreiro.

 

 

Páxina 30 de 31