Noticias

O Concello de Cerceda está a acometer as obras  de accesibilidade da Casa Consistorial, financiadas pola Consellería de Política Social, dentro da Orde do 21/07/29017, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvención aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa europeo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria para os anos 2017 e 2018.
A actuación consiste na “Mellora da accesibilidade da Casa Consistorial no seu acceso ao concello e ó xulgado" (itinerario e aseo).

3

2

1

O Concello de Cerceda organiza para a primeira fin de semana do mes de marzo, do 2 ao 4, unha viaxe a Cabeza de Manzaneda. Se tes entre 18 e 30 anos, ésta é a túa oportunidade para aproximarte á práctica deportiva do esquí. A viaxe inclúe:

* Aloxamento de dúas noites en Apartamentos Galicia (apartamentos para 4 persoas) en réxime de pensión completa (que inclúe: o uso da pisicina cuberta e climatizada)

* Sesións de 3 horas de iniciación na práctica do esquí, o sábado 3 e o domingo 4 de marzo.

* Material deportivo

* Forfait do día

* Autobús dende Cerceda a Cabeza de Manzaneda (e regreso)

PREZO: 125,00 euros por persoa (Sempre e cando se teña un grupo mínimo de 30 persoas)

APERTURA PRAZO INSCRICIÓN: Xoves, 1 de febreiro.

INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais do Concello

Páxina 18 de 30