Noticias
Limpeza de faixas secundarias e Permisos de queima en explotacións agrícolas profesionais
1. Está reactivada a obriga dos particulares de levar a cabo a limpeza en faixas secundarias (50 metros próximos as vivendas), aínda que se amplía este prazo ata o día 16 de xullo (incluído)
Para a realización destas limpezas, os particulares deberán levar consigo unha declaración responsable coa que xustificar as súas actuacións, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral. Deberán levar consigo os apeiros, ferramentas e utensilios necesarios; e para o caso de non levalos, teñen que incluír na declaración responsable que os teñen depositados nas parcela ou nun lugar determinado.
2. A Xunta de Galicia permite solicitar queimas por razón fitosanitarias en explotacións agrícolas profesionais. Nas particulares aínda non están permitidas as queimas. As solicitudes deben remitirse aos Servizos de Prevención de Incendios Forestais das Xefaturas territoriais da Consellería de Medio Rural a través do enderezo electrónico:
MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA REALIZAR TAREAS DE LIMPEZA NAS FAIXAS SECUNDARIAS
Rematado o prazo de presentación de solicitudes de axudas dirixidas ás familias para transporte escolar para o curso 2019/2020, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o Departamento de Servizós Sociais emíte informe proposta da resolución provisional das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación.
VER OU DESCARGAR INFORME DE PROPOSTA -> informe de poposta.pdf
Publicouse no BOP a convocatoria de axudas dirixidas ás familias para o transporte escolar do curso 2019/2020. É preciso resaltar que o prazo para presentar as solicitudes será de 10 días naturais, a partir de mañá. Dito prazo terá carácter improrrogable.