Noticias
RESULTADOS DEFINITIVOS DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”, DO ALUMNADO E DO PERSONAL.
RESULTADO PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”
RESULTADOS PROVISIONAIS DO PROCEMENTO SELECTIVO DO ALUMNADO – TRABALLADOR DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”.

O Concello de Cerceda está a acometer as obras de accesibilidade da Casa Consistorial, financiadas pola Consellería de Política Social, dentro da Orde do 21/07/29017, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvención aos concellos galegos, destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa europeo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria para os anos 2017 e 2018.
A actuación consiste na “Mellora da accesibilidade da Casa Consistorial no seu acceso ao concello e ó xulgado" (itinerario e aseo).
Neste apartado pode atopar a normativa referente ós trámites para realizar as festas e verbenas populares, así mesmo pode descargar os formularios de solicitudes e declaracións ó efecto.

Se tes entre 7 e 15 anos de idade, e che apetece aprender ou, se xa sabes, xogar ao paddle... tes unha boa oportunidade, durante este mes de agosto, de coñecer estas instalacións municipais. Fai a túa reserva chamando ou enviando un whastapp ao seguinte teléfono 604026139. Anímate...e non perdas esta boa oportunidade!

O Concello de Cerceda organiza para a primeira fin de semana do mes de marzo, do 2 ao 4, unha viaxe a Cabeza de Manzaneda. Se tes entre 18 e 30 anos, ésta é a túa oportunidade para aproximarte á práctica deportiva do esquí. A viaxe inclúe:
* Aloxamento de dúas noites en Apartamentos Galicia (apartamentos para 4 persoas) en réxime de pensión completa (que inclúe: o uso da pisicina cuberta e climatizada)
* Sesións de 3 horas de iniciación na práctica do esquí, o sábado 3 e o domingo 4 de marzo.
* Material deportivo
* Forfait do día
* Autobús dende Cerceda a Cabeza de Manzaneda (e regreso)
PREZO: 125,00 euros por persoa (Sempre e cando se teña un grupo mínimo de 30 persoas)
APERTURA PRAZO INSCRICIÓN: Xoves, 1 de febreiro.
INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais do Concello