Noticias

20/12/2018

Decreto da Alcaldía-Presidencia
Rematado o 14/12/2018 o prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo para a provisión de oito peons de limpeza viaria, polo sistema de concurso-oposicion, publicadas no BOP, nº 231 de 4/12/2018, unha vez revisadas todas as solucitudes e visto que cumpren os requisitos esixidos nas mesmas...

>>> Ver decreto

 

09/03/2018

RESOLUCIÓN DE APROBACIÓN DE RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS, TRIBUNAL , LUGAR E DATA DE EXAME

Rematado o prazo de subsanaciónde instancias para participar no proceso selectivo para a provisión, en réxime de interinidade, dunha praza de
administrativo/a, publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña n.º 202, do 24/10/17...

>>> Ver resolución completa

 

02/03/2018

Listaxe provisional bolsa emprego traballador/a social (02/03/2018)

Máis información:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/02/2018_0000001592.html

 

24/10/2017

Convocatoria de probas selectivas para selección dun/ha funcionario/a interino/a do grupo C, subgrupo C, Escala de Administración Xeral, Subescala Administrativa

 

13/11/2017

Resolución de aprobación de relación provisional de persoas admitidas e excluídas ás probas selectivas para selección dun/ha funcionario/a interino/a do grupo C, subgrupo C, Escala de Administración Xeral, Subescala Administrativa

 

O Concello de Cerceda a tráves dunha subvención  recibida para equipamentos térmicos de biomasa do Instituto Enerxético de Galicia acaba de executar o proxecto de instalación dunha caldeira de pellets na Biblioteca Municipal de Cerceda. 

Con este proxecto contase de acadar un importante aforro enerxético na instalación.

 

CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A DEPORTISTAS E ÁS ENTIDADES CULTURAIS OU DEPORTIVAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES 2017

 O Concello de Cerceda vén de publicar (BOP núm.180, de 21 de setembro 2017) a Convocatoria de Subvencións dirixidas a deportistas e ás entidades culturais ou deportivas para a realización de actividades neste ano 2017.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto dende o 22 de setembro ata o 23 de outubro de 2017. A documentación, para facer a solicitude, estará dispoñible nas Oficinas Xerais do Concello, na páxina web municipal e na Sede electrónica do Concello de Cerceda. Accede dende esta nova a documentación para facer a solicitude.

 

O Concello de Cerceda pon en marcha o sistema de información móbil TokApp. A través desta plataforma de notificacións poderás recibir todos os avisos e notificacións do noso concello.

O sistema require ter descargada a aplicación, TokApp, no teu teléfono ou tableta e cubrir un sinxelo formulario para darse de alta. Podes facelo dende o seguinte enlace

Non perdas a oportunidade de estar informado de todo o que pasa no teu concello!

Attachments:
FileFile size
Download this file (TokApp CONCELLO.pdf)TokApp CONCELLO.pdf1590 kB

VIVEIRO INDUSTRIAL DE EMPRESAS DO CONCELLO DE CERCEDA

O concello de Cerceda ten aberto ata o 30 de xuño, o prazo para solicitar un espazo no viveiro industrial de empresas.

Se eres emprendedor/a ou tes un negocio industrial, con menos de 6 meses de antigüidade, pódeste instalar no noso viveiro. Poñemos a túa disposición oficinas e naves para empresas industriais e todos os servizos para o funcionamento do teu negocio.

Para mais información dirixirse a axente de desenvolvemento local do Concello de Cerceda.

O Concello de Cerceda, a través do INEGA co cofinanciamento dos fondos FEADER, ven de executar os seguintes proxectos de enerxías renovables:

  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal das Encrobas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.
  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal de Queixas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.

Dentro do Plan Marco : Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, subvencionado pola Consellería de Medio Rural, e financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) o Concello de Cerceda executou o proxecto “Camiño de Brazal- Límite e outros”. Neste proxecto executáronse as obras de mellora dos camiños Brazal- Límite, Cabalar a Aruxeira, Aruxeira a Gándara e camiño de Belsar.

O pasado sábado, 13 de xuño, quedou constituída a nova Corporación municipal tras as eleccións do 24 de maio. A composición queda do seguinte xeito:

Grupo municipal do PSG-PSOE: 7 concelleiros/as

  • D. José García Liñares, Alcalde-Presidente
  • D. Antonio Lozano García
  • Dna. María Viqueira Iglesias
  • D. Jesús Rama Bello
  • Dna. Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
  • D. Francisco Javier Boquete Cambón
  • Dna. Cristina Capelán Cancelo

Grupo municipal do PP: 4 concelleiros/as

  • D. José Francisco Santos Regueiro
  • D. Juan José Boquete Carnota
  • Dna. Pilar Amor Mallo
  • Dna. Gloria Bocija Louro

Grupo municipal do BNG: 2 concelleiros/as

  • Dna. Rocío da Igrexa Prego
  • D. Alberte Sánchez Regueiro

Páxina 23 de 29