Noticias
Rematado o prazo de subsanaciónde instancias para participar no proceso selectivo para a provisión, en réxime de interinidade, dunha praza de
administrativo/a, publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña n.º 202, do 24/10/17...
Listaxe provisional bolsa emprego traballador/a social (02/03/2018)
Máis información:
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/02/2018_0000001592.html
Convócanse as probas selectivas para o acceso a Bolsa de Emprego de Traballadores/as Sociais do Concello.
Máis información:
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/02/09/2018_0000001072.html
A Aula CeMit de Cerceda presenta a súa programación de actividades para o último trimestre de ano 2019. Consulta a programación e non esquezas facer a túa solicitude, a partir do luns 23 de setembro no Centro Cívico.
No de mes de Outubro comezamos os novos cursos para adultos de informática e móbiles. As inscricións poderán facerse dende o martes 24 de 9 a 14 ata esgotar as prazas na oficina da planta baixa do Centro Cívico. Máis información no 981686209 ou a través de whatsapp no 644529990
Anota... este venres, 31 de maio, tocan Merendas e Contos na Biblioteca municipal de Cerceda ás 17h30. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello.
- MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA// VENRES, 31 DE MAIO ÁS 17H30
- ESPECTÁCULO: Un invento para chegar ao ceo. TRINKE TRINKE TEATRO
- INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
A espectáculo infantil PATAPATÚM, recentemente galardoado na edición XXIII Premios de Teatro María Casares, da Compañía Elefante Elegante chega a Cerceda o domingo 5 de maio ás 17:30h. Unha oportunidade para desfrutar dun espectáculo de teatro visual, e de gran elegancia estética, sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada no universo musical dixieland, a máscara e o xogo físico que propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá. Non o esquezas:
- AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA/ DOMINGO, 5 DE MAIO ÁS 17:30H
- ESPECTÁCULO: PATAPATÚM. COMPAÑÍA ELEFANTE ELEGANTE
- Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña
Este venres toca unha nova sesión de Merendas e Contos na Biblioteca municipal da Silva, co espectáculo "Unhas botas misteriosas" da compañía Trinke Trinke. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
- BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA // VENRES 26 DE ABRIL ÁS 17H30
- ESPECTÁCULO: Unhas botas misteriosas
- INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001
O sábado 27 de abril levarase a cabo unha andaina dende o Campo da Feira ata o Xardín Botánico e a Aula da Natureza.
A hora de saída será ás 11 da mañá dende o Campo da Feira de Cerceda, iremos ata o Xardín Botánico e visitaremos a Aula da Natureza, logo continuaremos polo Paseo do Acevedo, e a volta unha pequena parada para coller folgos e volta para Cerceda.
Para anotarse ao 981685001 ou 682348556.
Agardámosvos.
Dende o Ecomuseo queremos achegarche outro dos nosos museos, neste caso o Museo da Minería. Foi inaugurado en 2015 amosa e analizar a pegada paisaxística, social e económica dos case 30 anos de explotación mineira.
O vindeiro sábado 30 de marzo ás 11:00 da mañá farase unha visita guiada polo Museo da Minería, se queres vir a coñecer a historia da explotación mineira debes anotarte no 981685001 ou no 682348556
A Biblioteca de Cerceda vivirá unha nova sesión de Merendas e Contos este venres 22 de marzo, a partir das 17h30. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001.
- BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA// VENRES, 22 DE MARZO ÁS 17H30
- ESPECTÁCULO: ¿DE ONDE VEÑEN OS BEBÉS?
- INSCRICIÓNS: NAS OFICINAS XERAIS OU NO TELÉFONO 981685001



