Noticias

Rematado o prazo de presentación da documentación requirida, de acordo coas bases da convocatoria, elaborouse a listaxe definitiva coa relación das axudas concedidas ás persoas solicitantes que reúnen os requisitos e as denegadas por non cumprir cos mesmos.

O importe total concedido non excedería o total de crédito retido para esta finalidade, polo que, de acordo co punto 3 das bases, tamén se propón para a concesión das axudas as solicitudes que inicialmente non foron consideradas como concedidas por superar os ingresos esixidos, de menor a maior segundo a súa renda per cápita. No caso de solicitudes presentadas para dous ou máis irmáns, concederonse as de menor importe.

Informar ás persoas interesadas que de acordo co punto 10.1 das bases da convocatoria, disporán  de  prazo dende o día 3 ao 14 de outubro de 2022 para presentar, no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda, a documentación xustificativa do gasto realizado. No caso en que non presenten dita xustificación no prazo establecido, entenderase que desisten da súa petición e perderán o dereito a recibir a axuda recoñecida.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981686068

Attachments:
FileFile size
Download this file (LISTAXES DAS SOLICITUDES CONCEDIDAS E DENEGADAS.pdf)LISTAXES DAS SOLICITUDES CONCEDIDAS E DENEGADAS.pdf221 kB

As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que nas próximas semanas levarán a cabo o proceso de implantación de servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 800 e 700 MHz en Cerceda, o que permitirá dispor de conexións móbiles de alta velocidade con mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), LLega700 é a entidade posta en marcha polas operadoras para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

O proceso de implantación estase realizando de xeito paulatino por toda a xeografía nacional. Para consultar as localidades nas que xa están activos estes servizos, pódese consultar a seguinte ligazón: https://www.llega700.es/contacto_mapa.php

Teléfono gratuito de atención ó cidadán: 900 833 999

www.llega700.es

 

Ver ou descargar documento informativo completo (pdf)

 

infografia700

 

Cerceda, 2 de agosto de 2022 – O Concello de Cerceda iniciou os traballos de renovación do colector de saneamento do núcleo de Cerceda ao seu paso pola rúa mesón.

Preténdese actuar en 49 metros da rede e previa execución das gabias instalarase unha nova canalización con tubaxe de PVC de 400 milímetros de diámetro, e tres pozos de rexistro.

Executaranse tamén oito acometidas domiciliarias mediante enlace colector, arqueta de saneamento e tubaxe de PVC. Estes traballos completaranse coa reposición do pavimento afectado de formigón reforzado e aglomerado.

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, sinala que “as intervencións en materia de saneamento son fundamentais, xa que garanten a prestación dun servizo prioritario para a veciñanza”, e neste sentido, recalca que “a nosa idea é realizar estas tarefas alí onde sexa necesario para garantir o benestar das persoas de Cerceda”.

De acordo coas bases da convocatoria de axudas municipais para a escolarización para o curso 2022/2023, publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 111 do 13 de xuño de 2022 e rematado o prazo de presentación de solicitudes e valoradas de acordo coas anteditas bases, polo persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais, elaborouse a proposta coa listaxe provisional coa relación das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación.

Informar ás persoas interesadas que de acordo co punto 9 das bases da convocatoria, disporán dun prazo de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte da publicación desta
proposta provisional para presentar a documentación requirida. No caso en que as persoas interesadas non presenten dita documentación no prazo establecido, entenderase que desiste da súa petición e perderá o dereito a recibir, de ser o caso, a axuda solicitada.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981686068

Attachments:
FileFile size
Download this file (LISTAXES DAS SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS.doc)LISTAXES DAS SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS.doc137 kB

O Concello de Cerceda convoca as axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea para facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no Obradoiro de Emprego Cerceda- Tordoia- Trazo III.

Aquelas empresas ou autónomos con centros de traballo nos concellos de Cerceda Tordoia ou Trazo, que teñan interese en contatar un traballador ou traballadora das especialidades de “Montaxe e reparación de sistema microinformáticos” (IFCT0309) ou “Actividades auxiliares en mellora e conservación de montes” (AGAR0309), poderán beneficiarse desta axuda de 1.500 euros, sempre que o contrato sexa por un mínimo de tres meses.

Subvenciónanse tres contratacións, e o prazo de presentación de solicitudes vai dende o 27/06/2022 ata o 08/07/ 2022.

 

Ver ou descargar Bases BOP

Ver ou descargar solicitude (pdf)

Ver ou descargar xustificación (pdf)

O Concello de Cerceda, a través do departamento de Benestar Social, igualdade e comunicación, vai abrir o prazo para solicitar o servizo de “Bos Dias Cole “– Curso 2022/2023 no colexio CPI “O Cruce”, para todo o alumnado matriculado no centro.

O horario de realización será dende as 8.00 ata as 9.30. Os almorzos serán de 8.00 - 8.30 .

A realización do servizo, está supeditada a que exista un número mínimo de 13 solicitudes, así como a calquera situación que poida darse e imposibilite a súa posta en marcha.

O prazo de solicitude é dende o 20 xuño ao 08 de xullo.

Para máis información, pódese contactar telefonicamente con servizos sociais do Concello de Cerceda no telf.: 981 686 068.

As solicitudes poden atoparse na páxina web do concello ou no departamento, no 3º andar do edificio municipal.

 

Ver ou descargar folleto informativo (pdf)

Ver ou descargar solicitude (pdf)

 

Cerceda, 15  de xuño de 2022 – Comezan as obras da nova rede de saneamento de case 400 metros na rúa Acevedo, que complementa as xa iniciadas na Picota, en Xesteda, e as da rúa Mesón. As tres actuacións suman un investimento de 47.000 euros e que rematarán este mesmo verán. A actuación está financiada en parte polo POS UNICO da Deputación Provincial da Coruña. O alcalde Juan Manuel Rodríguez, asegura que todas estas actuacións de saneamento enmárcanse nas múltiples actuacións que puxo en marcha o Goberno local para  mellorar o este servizo básico en todo o termo municipal. De feito, o Concello licitou varias obras de este tipo nos últimos meses que perseguen o mesmo obxectivo.

Na rúa Acevedo prolongarase a rede de saneamento existente cunha execución de 360 metros de canalización en tubaxe e tamén se contempla a instalación de 7 pozos de rexistro. Tamén se levará a cabo a posta a cota dunha lousa de formigón existente para cruce dun rego, co fin de permitir o paso da nova canalización de saneamento. As obras complétanse coa reposición do pavimento afectado.

No caso da rede de saneamento de Xesteda ata o núcleo de A Picota, obra xa iniciada, está prevista a execución de 274 metros de canalización en tubaxe, previa execución das gabias, e a instalación de 7 pozos de rexistro. As obras complétanse coas reposicións dos pavimentos afectados.

E, por último,  renovarase  o colector de saneamento da rúa Mesón nun  treito de 49 metros da rede saneamento deste o núcleo de Cerceda ó seu paso pola rúa Mesón. A actuación contempla a execución  de oito acometidas domiciliarias mediante enlace colector, arqueta de saneamento e tubaxe. Estas obras complétanse coa reposición do pavimento afectado.

 

Cerceda, 7 de xuño de 2022 – O Concello de Cerceda licita as obras de mellora de varios camiños municipais; Xermar á zona de eólicos,  Portobrea a Ponte Areosa, e Virís; a ampliación de saneamento na Silva; e o acondicionamento cuneta zona campo da Xesteda. As obras, financiadas a cargo do POS da Deputación contan con un orzamento de preto de 100.000 euros.

En concreto, a actuación permitirá arranxar o camiño de Xermar á zona Eólicos nun tramo de 650 metros e coa apertura de gabias e a colocación de taxeas de formigón para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal. No caso da mellora do camiño Portobrea ata Ponte Areosa as obras dividiranse en dous tramos que incluirán a mellora da capa de rodaxe cunha nova superficie de rodaxe e un reforzo no drenaxe así como como o pintado de marcas viais para sinalización. En Viris, renovarase todo o firme ao longo de 900 metros de lonxitude e novas gabias para mellorar o drenaxe.

Por outra banda, ampliarase dentro desta actuación a rede saneamento na zona da Silva coa canalización de augas residuais de case 400 metros de tubaxe e a reposición do pavimento integral no mesmo espazo.

Canto ao acondicionamento da cuneta na zona do campo da Xesteda a intención é facela transitable cunha capa de formigón previa demolición do pavimento existente.

O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, sinala que se trata de obras demandadas pola veciñanza que “melloran a seguridade viaria e os servizos básicos, fundamentais para o benestar do noso Concello”, apuntou.

Cerceda, 14  de xuño de 2022 – Hoxe tivo lugar a entrega do Premio “Recíclate con Sogama” 2021-2022,  que ten por obxectivo divulgar a oportunidade que representa para o medio ambiente transformar os residuos en recursos. Nesta ocasión os alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro da Silva recibiron o terceiro premio, dotado co 700 euros polo seu deseño orixinal sobre a concienciación da reciclaxe como ferramenta fundamental para protexer o medio ambiente.

 O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, acompañado da concelleira Cristina Capelán, asistiron a entrega de premios e destacaron o compromiso dos alumnos e alumnas do CEIP Celso Emilio Ferreiro co medio ambiente. “Quixera agradecer a Sogama a convocatoria destes premios e felicitar aos alumnas e alumnos da Silva e ao propio centro educativo polo seu traballo en defensa do noso medio ambiente”, asegurou o primeiro edil. Os alumnos recibiron o premio de mans do propio  presidente de Sogama, Javier Domínguez.

O proxecto dos alumnos e alumnas da Silva contaba con imaxes deles mesmos suxeitando residuos que tiñan que ser reciclados e convidando á sociedade a activar os seus sentidos a tomar conciencia da realidade e “pasar á acción para gañar a loita ao cambio climático. Baixo o lema: “Non deixes que os residuos bloqueen os teus sentidos: observa, escoita, reivinda, móvete. Segrega!”, os estudantes de Cerceda acadaron un premio moi merecido.

Sogama destacou o nivel das propostas deste ano canto a súa creatividade, orixinalidade e a mensaxe medioambiental que transmite e que logrou un impacto positivo de concienciación da poboación sobre a necesidade da reciclaxe.

Páxina 4 de 29