Noticias
Unha vez rematado o prazo de solicitudes para a renovación de praza e de solicitudes de nova praza para a escola infantil municipal "Os Pillabáns" para o curso 2022-2023, todas as solicitudes foron baremadas de acordo co establecido no artigo 14 do Regulamento da escola infantil municipal (publicado no BOP da Coruña número 231, do 5 de decembro de 2017).
Recordamos que os criterios de prioridade para a adxudicación das prazas son os seguintes:
1º- Alumnado con renovación de praza
2º- Fillos/as de persoal traballador da escola infantil
3º- Solicitantes con irmáns con praza renovada no centro
4º- Resto de solicitudes segundo puntuación acadada unha vez aplicado o baremo, valorando en primeiro lugar os menores empadroados en Cerceda, en segundo lugar os que non están empadroados pero que algún dos titores acredita o seu posto de traballo no termo municipal e en terceiro lugar o resto de solicitudes.
As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles, a contar a partir do día seguinte hábil desta publicación, para presentar as reclamacións que consideren oportunas contra esta resolución provisional.
Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68
Con data 27/10/2021 a Xunta de Goberno Local aprobou a listaxe definitiva das axudas concedidas para adquisición de material informático para o curso 2021/2022.
Vistos varios erros nos importes da resolución definitiva, a Xunta de Goberno Local de data 10/11/2021 aprobou a listaxe definitiva corrixida.
Informar as persoas interesadas que o prazo de xustificación se amplía ata o 22/11/2021 para presentar a documentación xustificativa do gasto realizado. Para as demais persoas beneficiarias que nonse viron afectadas por esta corrección, o prazo de xustificación remata o 16/11/2021.
Mais información no Departamento de Servizos Sociais.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes e valoradas, de acordo coas bases, polo persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais, comprobase que non hai solicitudes pendentes de emendar documentación, polo que, de acordo co punto 9 das bases, formulase a proposta de resolución definitiva.
O importe total concedido non excedería o total de crédito retido para esta finalidade, polo que, de acordo co punto 3 das bases, tamén se propón para a concesión das axudas as solicitudes que inicialmente non foron consideradas como concedidas por superar os ingresos esixidos.
Con data 27/10/2021 a Xunta de Goberno Local aprobou dita resolución.
Informar ás persoas interesadas que de acordo co punto 10.1 das bases da convocatoria, disporán de prazo dende o día 1 ao 16 de novembro de 2021 para presentar, no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda, a documentación xustificativa do gasto realizado. Pasado dito prazo sen que a persoa interesada presente a documentación requirida entenderase que renuncia a axuda e procederase ao reintegro da axuda.
Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981686068
En Xunta de Goberno Local, celebrada o 28/7/2021, adoptouse entre outros, o acordo de aprobación das bases regu-ladoras da convocatoria de axudas extraordinarias municipais de emrexencia social COVID-19, que se publican para xeral coñecemento, e os efectos de inicio de cómputo de prazo de solicitude.
Con data 2 de xuño de 2021 foi aprobada pola Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Comunicación, a listaxe definitiva do alumnado admitido na escola infantil municipal "Os Pillabáns" para o curso escolar 2021/2022.
Informar ás persoas interesadas que disporán dun prazo de 15 días naturais, que contarán dende a data de recepción da notificación da concesión da praza, para confirmar a matricula e formalizar o contrato. Deberán presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00h. a 14.00h. e provistos de:
- Confirmación da matrícula
- Contrato asinado (deberá recollerse e asinar previamente no departamento de Servizos Sociais)
- Certificado médico do/a menor, indicando que ten todas as vacinas actualizadas
- DNI orixinal daquelas persoas que queiran autorizar para que poidan recoller aos menores na escola
Se despois de rematar este período non se formaliza o contrato perderan o dereito á praza concedida.
Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68
Rematado o prazo de presentación de solicitudes de ingreso na Escola Infantil Municipal “Os Pillabáns” e unha vez valoradas todas elas, formúlase a proposta da listaxe do alumnado admitido, en agarda e a relación das prazas dispoñibles para o curso 2021-2022
Tendo en conta o alumnado en agarda, solicitouse á Consellería de Política Social unha modificación substancial para o curso escolar 2021-2022, de forma que, a unidade de atención de 0-1 cambiara a unha unidade de agrupación 0-2 e a unidade de 1-2 cambiara a unidade de agrupación 0-3. Coa concesión desta modificación, xa non hai alumnado en listaxe de agarda.
Informar ás persoas solicitantes que de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola Infantil Municipal, poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de 10 días naturais que contarán a partir da data de exposición pública da listaxe provisional na paxina web do Concello.
Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 686 068
En continuidade con una serie de accións formativas realizadas por ACOPROS, en colaboración co Concello de Cerceda, esta aberto o prazo para anotarse no “ Programa de Estimulación Cognitiva”.
Este programa empezaría a partir do 19 de abril, e esta dirixido a todas as persoas interesadas, a partir de 55 anos.
As sesións de estimulación serían semanais en sesións de 45 minutos, con obxectivos individualizados de estimulación.
Para anotarse ou mais información, pode facerse no departamento de Servizos Sociais Municipais, telf : 981 68 60 68
O xoves 15 de abril abre o prazo para a solicitude de matrícula.
Os impresos da solicitude poden descargarse na páxina web do Concello.
A documentación pode achegarse:
- Pola sede electrónica: Solicitude praza escola infantil
- Presencial no Rexistro Municipal.
Para calquera dúbida: Servizos Sociais 9816806068
Dende o departamento de servizos sociais, informase que dende o martes día 13, ata o mércores día 21 de abril 2021, ábrese o prazo para participar no Programa de Alimentos de Cruz Vermella 2021: “ayuda alimentaria del Fondo de Ayuda Europea para las Personas Más Desfavorecidas (FEAD).”
Para solicitar a participación no programa de alimentos, debese de entregar nas oficinas do rexistro municipal, a solicitude que figura anexa, coa documentación que se require.
Para mais información pódese contactar co telf: 981 68 60 68
Solicitude de participación no Programa de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas 2020
Dende o departamento de servizos sociais, informase que dende o luns día 7, ata o mércores día 23 de decembro, ábrese o prazo para participar no Programa de Alimentos de Cruz Vermella 2020: “ayuda alimentaria del Fondo de Ayuda Europea para las Personas Más Desfavorecidas (FEAD).”
Para solicitar a participación no programa de alimentos, debese de entregar nas oficinas do rexistro municipal, a solicitude que figura anexa, coa documentación que se require.
Para mais información pódese contactar co telf: 981 68 60 68




