Actualidade

Merendas e Contos na Biblioteca da Silva, o venres 24 de novembro

Anota na túa axenda... que o venres 24 de novembro tocan Merendas e Contos na Biblioteca da Silva, a partir das 17:15h. Fai a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
  • MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
  • Venres, 24 de novembro de 2017. Ás 17:15h
  • ESPECTÁCULO: COROCOCÓ. A partir de 3 anos
  • Coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017
‘COCOROCÓ’ é un  espectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques, debuxos e interación  co público.  Pero…quen  canta COCOROCÓ? Unha galiña, pero non unha galiña calquera, non, unha galiña azul. Sí, azul como o ceo, coma o noso mar, unha galiña diferente a todas as demáis. Por iso é perseguida e quere matala  Manolito Listón, o alcalde, porque él di que  unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó, que pon ovos de cores e ten cinco plumas  vermellas na á dereita , “non é unha galiña como debe ser pero…  Chsss! silencio, é mellor que o conte ela, sí a Galiña Azul.

O espectáculo A nena que quería navegar de Redrum Teatro o domingo 26 de novembro

Domingo, 26 de novembro –REDRUM TEATRO- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR Ás 18:00h Auditorio municipal de Cerceda   A nena que quería navegar es un espectáculo destinado a un público familiar, principalmente infantil, de entre 6 a 12 anos, que trata un tema que nos preocupa e que tristemente cada pouco tempo acapara as portadas de todos os periódicos, o acoso escolar. En él contamos a historia dunha nena sen nome que, farta de insultos, empurróns  e illamento social, fuxe da escola para non volver nunca máis. Na súa aventura encontrará a Xeadeiro, unha personaxe máxica e vital, mostrándolle que dentro de cada uno de nós escóndese un ser único e especial.   Infantil, entre 6 y 12 años | Teatro musical | 50 minutos Coa colaboración da Deputación da Coruña

Cea baile de Nadal. Sábado 16 de decembro.

Como todos os anos, o concello, organiza unha cea baile con motivo das datas de nadal e para despedir o ano. A cea será no restaurante o Panadeiro o día 16 de decembro. Para anotarse hai que acudir o departamento de Servizos Sociais do concello e aboar unha cuota de 30 euros. O prazo para anotarse é do 21 de novembro ó 11 de decembro. O menú e o seguinte: - empanada da casa e tosta de churrusquiña - vieiras á galega - solombo de cocho recheo de queixo de arzúa e xamón con pataca panadera e frutos vermellos. - pannacotta de queixo con xeado de mandarina. - bebidas: aguas minerais, refrescos, viño, viño espumoso - Café, uvas e cotillón.

A sinatura dos convenios das Subvencións municipais a deportistas e ás entidades culturais e deportivas será o luns 20 de novembro ás 19:30h

O próximo luns, 20 de novembro ás 19:30h no Salón de Plenos, será a sinatura dos convenios da convocatoria das Subvencións municipais a deportistas e ás entidades culturais e deportivas. O Concello de Cerceda destina un total de 42.750 euros a colaborar nas actividades desenvoltas polas entidades culturais e deportivas, e, a apoiar as carreiras dos/as deportistas cercedenses destacados/as. Á sinatura de convenios do luns 20 de novembro, ás 19:30h, están convocadas as seguintes entidades e deportistas locais:
DEPORTISTAS LOCAIS
ENMA NÚÑEZ GARCÍA
BORJA BARBEITO GÓMEZ
DAVID RIVAS FUENTES
SERGIO POMBO DE LA IGLESIA
ENTIDADE CULTURAIS
ANPA CEIP CELSO EMILIO FERREIRO (A SILVA)
ANPA CPI O CRUCE
AA.VV A BAIXA DE CERCEDA
 A.MULLERES DE CERCEDA
 A.MULLERES RURAIS "A XUNGUEIRA"
 A. CULTURAL LUCERNA
 A.C. FOLQUE-RUADA
ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS XESTEDA
 AS. FOLCLÓRICO CULTURAL DE CERCEDA
 
ENTIDADES DEPORTIVAS
ATLÉTICA A SILVA
CCD QUEIXAS
CLUB NATACION CERCEDA
SOCIEDAD DEPORTIVA S.MARTIÑO
CF ENCROBAS
SOCIEDADE DE CAZA E PESCA CERCEDA
CLUB MOTOPARK CERCEDA
CLUB CAMM TAE-BOX
EQUIPO LOZANO COMPETICIÓN
CABEZAS RACING
 S.D. CAZADORES SAN MARTIN DE RODÍS
 A. DEPORTIVA PEÑA MEIRAMA
PEÑA RODÍS S.D.
 S.D. SANTA COLUMBA XESTEDA
 
   

Emprego público

20/12/2018 Decreto da Alcaldía-Presidencia
Rematado o 14/12/2018 o prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo para a provisión de oito peons de limpeza viaria, polo sistema de concurso-oposicion, publicadas no BOP, nº 231 de 4/12/2018, unha vez revisadas todas as solucitudes e visto que cumpren os requisitos esixidos nas mesmas... >>> Ver decreto   09/03/2018 RESOLUCIÓN DE APROBACIÓN DE RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS, TRIBUNAL , LUGAR E DATA DE EXAME Rematado o prazo de subsanaciónde instancias para participar no proceso selectivo para a provisión, en réxime de interinidade, dunha praza de
administrativo/a, publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña n.º 202, do 24/10/17... >>> Ver resolución completa   02/03/2018 Listaxe provisional bolsa emprego traballador/a social (02/03/2018) Máis información: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/02/2018_0000001592.html   24/10/2017 Convocatoria de probas selectivas para selección dun/ha funcionario/a interino/a do grupo C, subgrupo C, Escala de Administración Xeral, Subescala Administrativa   13/11/2017 Resolución de aprobación de relación provisional de persoas admitidas e excluídas ás probas selectivas para selección dun/ha funcionario/a interino/a do grupo C, subgrupo C, Escala de Administración Xeral, Subescala Administrativa  

Publicación das listaxes das axudas concedidas e as denegadas para o material escolar, curso 2017-2018

Rematado o prazo de presentación de solicitudes , para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material e vestiario para o curso 2017/2018, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, a Xunta de Goberno Local celebrada o día 08/11/2017, aprobou a resolución definitiva das solicitudes concedidas e as denegadas, así como as contías das axudas. Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 13 das bases da convocatoria disporán dun prazo para presentar no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa, establecida no artigo 12 de ditas bases. Prazo de xustificación: do 1 ao 15 de decembro de 2017 Máis información no teléfono 981 68 60 68     Attachments:
LISTAXE DAS AXUDAS CONCEDIDAS E AS DENEGADAS.doc

Subvención de caldeira de biomasa para a Biblioteca de Cerceda

O Concello de Cerceda a tráves dunha subvención  recibida para equipamentos térmicos de biomasa do Instituto Enerxético de Galicia acaba de executar o proxecto de instalación dunha caldeira de pellets na Biblioteca Municipal de Cerceda.  Con este proxecto contase de acadar un importante aforro enerxético na instalación.

Publicación da relación de solicitudes completas ou pendentes de emenda para as axudas municipais para o transporte escolar

Con data 06/11/2017 o alcalde, José García Liñares, aprobou por decreto nº 680/2017, as listaxes coa relación das solicitudes completas e as pendentes de subsanar documentación, para as axudas municipais para o transporte escolar para o curso 2017-2018.   Informar ás persoas interesadas que disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida a contar a partir do día seguinte desta publicación. No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello, a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas.   Prazo de subsanación: ata o día 21/11/2017   Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68   Attachments:
LISTAXES DAS SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS.doc

Os Rockeinstein de Malasombra este domingo 5 de novembro no Auditorio municipal de Cerceda

 Domingo, 05 de novembro – MALASOMBRA--- OS ROCKEINSTEIN Ás 18:00h Auditorio municipal de Cerceda O doutor Rockenstein é un gran profesor, un gran científico, un inventor, pero tamén é un apaixoado da música consciente de que a boa música está desaparecendo do planeta. Para remedialo, no seu laboratorio decide crear un ser vivo, unha criatura e convertela nunha verdadeira estrela musical que salve ó mundo da desaparición do Rock´n Roll, e para iso, mestura na súa máquina de experimentos os ingredientes necesarios para crear unha estrela do rock. Un espectáculo de humor no que non faltará a boa música destas futuras estrelas do rock!! Para todos os públicos. Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Programa Xuntos polo Nadal

Este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Prazas e destinos
Ofértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:
- 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense. Datas e servizos
Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2017 e o día 7 de xaneiro de 2018 e comprende os seguintes servizos:
  • Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a  residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
  • Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola tarde e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo. Persoas beneficiarias:
a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
b) Estar empadroado nalgún concello galego.
c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou de conduta non compensados que poidan alterar a convivencia. Solicitudes: O prazo de presentación será ata o día 17 de novembro incluído, nos servizos sociais comunitarios do concello.
Prezo da praza:
As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50€.

Documentación:
As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:
  • DNI ou pasaporte en vigor.
  • Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira de algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual ...etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
  • Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
  • Roupa cómoda.
Sinalamos que o aloxamento en habitacións individuais terá un carácter excepcional e que a necesidade do mesmo debe estar acreditado na documentación que acompaña á solicitude ou de selo caso mediante informe médico.

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk