Actualidade

Programa Xuntos polo Nadal

Este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Prazas e destinos
Ofértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:
- 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense. Datas e servizos
Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2017 e o día 7 de xaneiro de 2018 e comprende os seguintes servizos:
  • Estancia na residencia durante 16 días (15 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a  residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
  • Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola tarde e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo. Persoas beneficiarias:
a) Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
b) Estar empadroado nalgún concello galego.
c) Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
d) Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou de conduta non compensados que poidan alterar a convivencia. Solicitudes: O prazo de presentación será ata o día 17 de novembro incluído, nos servizos sociais comunitarios do concello.
Prezo da praza:
As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84€/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50€.

Documentación:
As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:
  • DNI ou pasaporte en vigor.
  • Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira de algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual ...etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
  • Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
  • Roupa cómoda.
Sinalamos que o aloxamento en habitacións individuais terá un carácter excepcional e que a necesidade do mesmo debe estar acreditado na documentación que acompaña á solicitude ou de selo caso mediante informe médico.

Subvencións municipais a deportistas e ás entidades Culturais ou Deportivas 2017: aberto o prazo de solicitude

  CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A DEPORTISTAS E ÁS ENTIDADES CULTURAIS OU DEPORTIVAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES 2017  O Concello de Cerceda vén de publicar (BOP núm.180, de 21 de setembro 2017) a Convocatoria de Subvencións dirixidas a deportistas e ás entidades culturais ou deportivas para a realización de actividades neste ano 2017. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto dende o 22 de setembro ata o 23 de outubro de 2017. A documentación, para facer a solicitude, estará dispoñible nas Oficinas Xerais do Concello, na páxina web municipal e na Sede electrónica do Concello de Cerceda. Accede dende esta nova a documentación para facer a solicitude.
  Attachments:
0 Solicitude de Subvencións-1.pdf
1 Anexos Solicitude Entidades_2017.pdf
1Anexos Solicitude Deportistas 2017.pdf
2017_Bases Convocatoria BOP.pdf

Merendas e Contos na Biblioteca de Cerceda, este venres 27 de outubro

Este venres, 27 de outubro ás 17:30, na Biblioteca municipal de Cerceda toca unha nova sesión de Merendas e Contos. Títeres Cachirulo presenta o seu espectáculo "A cabeza do dragón". Fai a túa inscrición  nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA-- VENRES, 27 DE OUTUBRO// ÁS 17:30H
  • Espectáculo: A cabeza do dragón de Títeres Cachirulo. A partir de 4 anos
  • Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2017.

TokApp do Concello de Cerceda, a forma de estar informado de todo o que pasa no noso concello

O Concello de Cerceda pon en marcha o sistema de información móbil TokApp. A través desta plataforma de notificacións poderás recibir todos os avisos e notificacións do noso concello. O sistema require ter descargada a aplicación, TokApp, no teu teléfono ou tableta e cubrir un sinxelo formulario para darse de alta. Podes facelo dende o seguinte enlace Non perdas a oportunidade de estar informado de todo o que pasa no teu concello! Attachments:
TokApp CONCELLO.pdf

Viaxe a Sarria, sábado 4 de novembro 2017

O concello de Cerceda, organiza para o sábado 4 de novembro, unha viaxe a Sarria, co seguinte programa:  8.30 Saída de diante do Museo do Moucho 10.00 Chegada a Sarria           Visita polo pobo 14.00 Xantar A tarde baile 19.00 Saída para Cerceda.   * O programa está suxeito a modificacións que poidan darse ata o día da viaxe   O precio por persoa é de 22 €. Para mais información poden chamar ao 981 68 60 68.           

Rubicundo de Teatro dos Ghazafelhos este domingo 8 de outubro no Auditorio municipal

Tras o encontro do alumnado de Cerceda, no mes de maio, coa escritora María Canosa chega a adaptación teatral de Rubicundo, de Teatro dos Ghazafelhos, ao Auditorio municipal este domingo 8 de outubro ás 18:00h. Non podes perdelo! Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a
poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin
distancias…
Rubicundo é unha obra de teatro actoral onde tres personaxes interactuan con
obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Coa fermosa historia de María
Canosa de fondo, Ghazafelhos propón unha posta en escena chea de sorpresas
pasando pola música, os monicreques, acrobacia, claqué... Unha mestura de xéneros
que Ghazafelhos soe propor para sorprender a un público familiar e facer difícil de
esquecer esta máxica historia.
Público: Familiar (recom.+5 anos)
Duración: 60 min.
  • DOMINGO, 8 DE OUTUBRO -- ÁS 18:00H
  • AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA
  • Entrada de balde ata completar aforo.

Curso básico de lingua galega do SNL da Mancomunidade

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes vai levar a cabo a realización dun curso básico de lingua galega dirixido fundamentalmente a persoas  interesadas na adquisición das competencias básicas en lingua galega (poboación non galega, basicamente): Curso básico de lingua galega  Prazo de solicitude: ata o 11 de outubro Lugar: SNL da Mancomunidade de Ordes, de 08:00 a 15:00 horas (tel.: 981 680 002, ext.120) Datas de realización do curso: 17 outubro-7 decembro 2017 (martes e xoves, de 10:00 a 12:30 horas) Lugar de realización do curso: o concello que teña máis solicitudes

Voltan as Merendas e Contos á Biblioteca da Silva este venres 29 de setembro

Chega á Biblioteca municipal da Silva, dentro da programación do Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, o espectáculo CONTOS DE MARMALEIRO, ANÍS E LIMÓN de Marisa Irimia. Historias cheas de maxia e emocións. Contos doutros tempos e outras falas, contos que vos farán gozar e que vos iniciarán no camiño dos relatos e as historias.
Público: Nenos de 4 a 10 anos. BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA -
  • VENRES, 29 DE SETEMBRO
  • ÁS 17:15H
Inscricións das Oficinas xerais do Concello ou no teléfono: 981685001, a partir do luns 25 de setembro.

Cerceda licita por preto de 440.000 euros as obras do Plan Único da Deputación

Os proxectos financiados pola institución provincial inclúen a construción de beirarrúas no entorno do colexio de A Silva e a pavimentación do acceso ao campo de fútbol de Rodís e do aparcamento do polideportivo municipal. https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=2144

Torneo Xadrez Concello de Cerceda este domingo 1 de outubro na Polideportiva de Cerceda

O próximo domingo, 1 de outubro, a Polideportiva de Cerceda acolle o II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda, incluído no II Circuíto intercomarcal da Deputación da Coruña. O encontro terá a partir das 15:45h. Consulta as Bases do Aberto e o proceso de inscrición na proba: Bases do II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda – VIII proba de II Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña
Data: domingo 1 de outubro de 2017.
Local de xogo: Polideportiva de Cerceda.
Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.
Ritmo de xogo: 10´+ 2”
Horario de xogo: 15:45 presentación, 16:15: 1ª ronda, 21:30 clausura
Inscricions: xeral 6€, sub-16 3€, locais: 3€, exentos GM-MI. Pódense realizar no mail pokeryajedrez@gmail.com ou no 617234393 ata o sábado 30 de setembro. Emparellamentos: realizarase mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Participantes: todos os xogadores deben estar federados (se algún non o esta podemos federalo ata o día 30), o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido. Desempates: resultado particular, bucholz -1, bucholz total e progresivo.
Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk