Actualidade

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL
Faise saber, que en cumprimento da normativa electoral vixente (Lei orgánica 5/1985, de 19 de xuño e as súas modificacións) e de cara á convocatoria das Eleccións a Cortes Xerais 2023 (data de votación 23/07/2023), están a disposición do público os seguintes censos electorais : CENSO ELECTORAL DE ESPAÑOIS RESIDENTES EN ESPAÑA (CER), CENSO ELECTORAL DE ESPAÑOIS RESIDENTES NO ESTRANXEIRO (CERA), así como a lista das MESAS ELECTORAIS, para a súa CONSULTA OU POSIBLE RECLAMACIÓN ADMINISTRATIVA (por parte das persoas interesadas) ...

>>> Ver documento completo (pdf)

Con data 23 de maio de 2023 a Comisión de Baremación, Coordinación e Seguimento da escola infantil municipal acorda a listaxe provisional do alumnado admitido e do alumnado en agarda para o vindeiro curso escolar 2023-2024.

As persoas interesadas poderán presentar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte desta publicación, de acordo co establecido no artigo 19 do Regulamento da escola infantil (publicado no BOP da Coruña número 231 do 5 de decembro de 2017).

Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 68 60 68.

Attachments:
FileFile size
Download this file (ANEXO 1. RELACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO.pdf)ANEXO 1. RELACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO.pdf205 kB

Tras o inicio do servizo de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) na zona, poderían producirse efectos na recepción da televisión dixital terrestre (TDT).

Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade LLEGA700 realiza as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción de usuarios de TDT. Estas actuacións son gratuítas para os cidadáns afectados.

Segundo a Orde Ministerial que regula este proceso, o prazo para solicitar actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios da TDT é de seis meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil.

Mediante esta comunicación informámoslle de que está a piques de rematar o prazo autorizado de 6 meses, desde a posta en marcha de todas as estacións que afectan ao seu concello, para resolver incidencias na recepción da TDT sen custo para os cidadáns.

Sen prexuízo do anterior, infórmase de que o 31-05-2023 rematará definitivamente o prazo de solicitude de accións gratuítas por parte dos usuarios da TDT, polos posibles efectos ocasionados polos nodos 4G e 5G.

 

Lembrámosvos que para acudir ao centro de atención ao usuario e poder resolver as incidencias, haberá que chamar ao teléfono gratuíto 900 833 999.

 

Dende o 15 ao 30 de abril de 2023 está aberto o prazo de solicitude de praza nova na escola infantil "Os Pillabáns" para o curso 2023/2024.

A documentación precisa que se debe de adxuntar xunto co modelo de solicitude é a que se acompaña no anexo. Esta documentación debe ser presentada no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00horas a 14.00horas ou a través da Sede Electrónica.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68

Esta mañá, durante as xornadas sobre Transición Xusta que se están a desenvolver no Viveiro de Empresas de Cerceda, a directora do ITJ, Laura Marín, acompañada por Juan Manuel Rodríguez, alcalde do Concello de Cerceda, confirmaba que Meirama acollerá o proxecto de hidróxeno verde impulsado por Naturgy, Repsol e Reganosa cunha financiación de 15 millóns de euros do Instituto para a Diversidade e Aforro Enerxético, IDAE, dependente do Goberno de España. O investimento total será de 46,4 millóns de euros, nun proxecto que xerará 400 postos de traballo directos, indirectos ou inducidos durante a fase de construción e operación.

Rodríguez afirma que se trata “dunha gran nova para Cerceda e toda a comarca, unha oportunidade de emprego extraordinaria, froito da estreita colaboración que mantivemos co Instituto de Transición Xusta”, e unido a isto, recalcaba que “para nós é unha carta pola que imos apostar decididamente e temos claro que para ser un referente a nivel de emprego, a nivel de servizos públicos e a nivel de investimentos temos que ser un referente en Transición Ecolóxica Xusta, porque é o futuro e onde estamos enmarcados”.

Laura Marín, directora do Instituto para a Transición Xusta, sinalou durante a súa primeira intervención que “se puxo moito énfase en que a
autorización do peche de centrais estivesen acompañados por plans de futuro, fito moi importante. Neste sentido hoxe confirmamos que o proxecto conxunto de Naturgy, Reganosa e Repsol, que nun primeiro termo quedara fóra da resolución provisional, será unha realidade, apoiado por fondos do IDAE e que iniciará un proxecto chamado a ser o futuro enerxético en Cerceda e na súa contorna”.

O proxecto contempla a instalación dunha planta de electrólise alimentada con enerxía 100% renovable nos terreos da antiga central térmica de Meirama, en Cerceda. Co pulo deste vector enerxético, as tres compañías reforzan o seu compromiso cunha transición enerxética xusta. A planta de hidróxeno renovable terá unha potencia inicial de 30 MW, en distintas fases ata un potencial total de 200 MW. Producirá máis de 4.000 toneladas de hidróxeno renovable ao ano nunha primeira fase e alcanzará unha produción total de 30.000 toneladas anuais. 

O hidróxeno renovable xerado destinarase a uso industrial para substituír o hidróxeno convencional que actualmente utiliza a refinería de Repsol na Coruña. Tamén se utilizará noutras industrias, na inxección na rede de gas para ser mesturado con gas natural e en mobilidade. Todos estes usos permitirán reducir a pegada de carbono da zona e demostrar a viabilidade da produción masiva de hidróxeno renovable e da súa distribución ao consumidor final.

  • Esta mañá visitaron a recentemente renovada construción Laura Marín, directora do Instituto para a Transición Xusta, María Rivas, subdelegada do Goberno na Coruña, e o alcalde, Juan Manuel Rodríguez.
  • Supuxo un investimento total de 131.658,90 euros, e 77.798,00 euros foron aportados polo Instituto polo ente estatal,e o resto o AGADER e fondos municipais.

O Concello de Cerceda recepcionou o pasado mes de outubro as obras de renovación do interior do edificio municipal que se atopa preto da área recreativa de Xesteda para convertilo nun Centro Social e Cultural, nun proxecto que dinamizará a parroquia, dando servizo e actividade á súa poboación cunha instalación acorde ás necesidades demandadas pola veciñanza.

Esta mañá visitaron a recentemente renovada construción Laura Marín, directora do Instituto para a Transición Xusta; María Rivas, subdelegado do Goberno na Coruña, e o alcalde, Juan Manuel Rodríguez. Supuxo un investimento de 131.658,90 euros, dos que 77.798,00 euros foron aportados polo ente estatal, e o resto o AGADER e fondos municipais.

O obxectivo do goberno local é que o inmoble acolla actividades de todo tipo, e para todas as idades, de diversa índole como culturais, educativas, lúdicas e asociativas, xa que actualmente esta parroquia non conta con ningún local destas características. O miúdo desta actividade será protagonizado pola Asociación de Mulleres da parroquia.

Así, actuouse no acceso cara o primeiro andar desde o exterior polo baixo. No que se refire o interior, adecuáronse os espazos referentes o vestíbulo de acceso, o aseo da planta baixa, o almacén da planta baixa, o vestíbulo e o aseo da primeira planta e as dúas salas multiusos do primeiro andar.

Tamén se executaron todos os acabados interiores, en tarima de madeira laminada nas salas multiusos do primeiro andar, e en gres cerámico nos restantes espazos. Colocáronse elementos de illamento térmico nas fachadas e realizouse unha renovación total da carpintaría e executaranse as instalacións de fontanaría, saneamento, baixa tensión e alumeado.

Laura Marín, directora do Instituto para a Transición Xusta, destacou que “hoxe vimos a visitar un edificio cuxo proxecto de desenvolvemento está moi avanzado e que se inaugurará nun curto período de tempo, no que poñemos especial énfase para dinamizar a vida dos territorios con menos densidade de poboación e onde asociarse e levar a cabo actividades é sumamente importante. Aproveito para felicitar o alcalde de Cerceda, porque se puxo moito fincapé neste proxecto e hoxe vemos os froitos destes esforzos”, recalcou.

A subdelegada do Goberno, María Rivas, subliñou que “para o Goberno, a sustentabilidade é un obxectivo irrenunciable e queremos seguir traballando no futuro pensando no Mundo que lle deixamos ós nosos fillos e fillas, facendo compatible un desenvolvemento económico lóxico cuns valores sustentables”.

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, sinalou que “con esta remodelación queremos dinamizar Xesteda e nas vindeiras semanas faremos a entrega. Convido a que se faga unha imaxe fixa do que era esta parroquia hai tres anos e o que é hoxe. O nivel de investimento nos ámbitos da mobilidade peonil, iluminación e edificacións públicas é totalmente significativo”, asegurou o rexedor.

 

Outros proxectos

Juan Manuel Rodríguez visitou con Marín e Rivas a contorna do Aquapark de Cerceda, “onde desfrutaremos de dous proxectos que terán financiamento do Instituto para a Transición Xusta. Un é o que nos permitirá establecer un sistema de circulación de calor na auga aproveitando a enerxía solar, e outro é o paseo fluvial, onde se remodelarán as instalacións e se prolongará ata a estrada de titularidade provincial que conecta Cerceda con Xesteda, e que confluirá coa Vía Verde, o que suporá un desenvolvemento na mobilidade peonil vencellado ao que vén potenciando o goberno local”, asegurou o alcalde.

O Concello de Cerceda recibiu esta mañá cun acto institucional a Jonathan Barreiro, deportista cercedense actualmente nas filas do Unicaja de Málaga e que se proclamou a pasada semana campión da Copa do Rei de baloncesto, tras derrotar na final ao Lenovo Tenerife. 

Tivo lugar esta mañá, venres 24 de febreiro, no Salón de Plenos do Consistorio e acudiron o alcalde, Juan Manuel Rodríguez, e o resto de concelleiros e concelleiras do goberno e parte dos integrantes da Corporación municipal. 

Barreiro, de 26 anos, amosouse “moi agradecido por este recoñecemento” e confesa estar “feliz non só polo título, senón pola oportunidade de ganar unha competición no máis alto nivel do básquet nacional e que isto sirva para ser espello á mocidade. Con traballo, esforzo e máis traballo, hai posibilidades de chegar ao máis alto”, sentenciaba o profesional da canastra.

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, destacou que “é un cercedense que xoga na segunda mellor liga de baloncesto do Mundo, compite na Euroliga e todos admiramos o seu éxito, que estácomposto or un talento innegable, pero tamén polo que máis admiramos: a súa capacidade de traballo, que coa súa resiliencia e a súa humildade leva o nome de Cerceda polo Mundo adiante”, resaltou.

O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a concelleira e deputada provincial Cristina Capelán asinaron esta mañá o convenio para cofinanciar as obras de mellora das instalacións deportivas do campo de fútbol “O Outeiro”.

A entidade provincial achegará o 80% do orzamento total, que ascende a 346.478,01 euros, mentres que a administración local completará o financiamento co 20% restante, que son 69.295,60 euros.

O proxecto contempla a instalación dunhas gradas cubertas que acollan a zona de vestiarios, almacén, sala de instalacións, aseos e a cantina no seu interior. Para isto levantarase unha estrutura de formigón armado en cimentación, colocando vigas e piares, placas alveolares e bancadas prefabricadas, ademais de engadir unha cuberta simple de chapa metálica fixada directamente sobre correas metálicas. O seu interior estará destinado a dous vestiarios para os xogadores, un vestiario para os árbitros, un almacén, unha cantina, unha sala de instalacións e dous aseos – dos que un estará adaptado para persoas con mobilidade reducida-.

O texto tamén prevé a mellora do terreo de xogo mediante a creación dunha gabia de drenaxe na zona noroeste da parcela intercepte o fluxo de auga subterránea e redirixa o caudal cara as beiravías do campo, a colocación de 4 torretas de iluminación artificial nos laterais e a reposición do firme da superficie de actuación que resulte danada polas obras.

Coa execución desta obra vaise mellorar unha infraestrutura moi importante para o Concello de Cerceda, que facilitará a práctica deportiva e redundará no beneficio da veciñanza.

Dende o Departamento de Benestar Social, Igualdade e Comunicación, infórmase que dende o mércores día 1 ata o día 20 de febreiro, ábrese o prazo para participar no Programa de Alimentos da Cruz Vermella 2023, "ayuda alimentaria del Fondo de Ayuda para las Personas Más Desfavorecidas (FEAD)".

Para solicitar a participación no programa de alimentos, débese de entregar nas oficinas do rexistro municipal, a solicitude que figura anexa, coa documentación que se require.

Para mais información poden contactar co departamento de servizos sociais 981 68 60 68.

Fondo e imaxe

>>> Ver ou descargar SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE AXUDA ALIMENTARIA ÁS PERSOAS DESFAVORECIDAS
FEAD 2023 (pdf)

 

O Concello de Cerceda abre un período de consulta sobre actuación a desenvolver no lago das Encrobas. No 2022 venceron os dereitos mineiros deste espazo, co cal deixou de ser de dominio público mineiro. A partir de aí, para a Administración local abriuse a posibilidade de poñer en marcha os estudos previos de cara a promover un Plan Especial de protección e
regulación dos usos na súa contorna.

En virtude deses estudos xa se mantiveron distintas xuntanzas, e agora o Concello de Cerceda abre un período de consulta para que se lle dea traslado de iniciativas para desenvolver na zona, de cara a canalizalas e recollelas de maneira ordenada e coordinada nun plan especial urbanístico dende unha perspectiva de posta en valor do lago e o seu entorno, analizando todos os usos potenciais, para posteriormente ordenalos.

"A zona da central térmica xa está sendo tramitada como futura área empresarial, que sumará 58 Ha industriais ás 43 xa recalificadas na zona do Acevedo a Cobeláns. Pero agora toca traballar na ordenación do territorio vencellado o lago, unha vez que xa se desafectou o uso mineiro. O abano que se abre para o futuro de Cerceda é inxente, nunha confluencia entre actividades industriais e turísticas que reforzará o equilibrio que dende fai décadas caracterizou a Cerceda, e que explica o desenvolvemento económico e o emprego", sinala o alcalde, Juan Manuel Rodríguez.

Páxina 5 de 31