Publícase a acta final do tribunal calificador, con data 18 de setembro de 2019, do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de operaria/o do servizo de medio ambiente en réxime laboral temporal.
Publícase a acta final do tribunal calificador, con data 18 de setembro de 2019, do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de operaria/o do servizo de medio ambiente en réxime laboral temporal.
File | File size |
---|---|
acta final bolsa medio ambiente setembro 2019.pdf | 113 kB |
A Aula CeMit de Cerceda presenta a súa programación de actividades para o último trimestre de ano 2019. Consulta a programación e non esquezas facer a túa solicitude, a partir do luns 23 de setembro no Centro Cívico.
No de mes de Outubro comezamos os novos cursos para adultos de informática e móbiles. As inscricións poderán facerse dende o martes 24 de 9 a 14 ata esgotar as prazas na oficina da planta baixa do Centro Cívico. Máis información no 981686209 ou a través de whatsapp no 644529990
Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario para o curso 2019/2020, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o Departamento de Servizos Sociais elaborou o informe proposta da resolución provisional das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación.
Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 9.1 das bases da convocatoria disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida.
No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas.
Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 686 068
File | File size |
---|---|
LISTAXE DE SOLICITUDES COMPLETAS-INCOMPLETAS CURSO 2019-2020.pdf | 98 kB |
Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cerceda, colaborarase coa Fundación Amigos de Galicia, na recollida de material escolar.
O prazo para a poboación que queira colaborar coa donación de material escolar, remata o día 23 de agosto. O lugar de recollida é no terceiro andar do edificio municipal, no departamento de Servizos Sociais.
O material que mais se precisa son: gomas, tesoiras, carpetas, libretas, mochilas...
Para mais información poden chamar ao telf. 981 68 60 68
.
O Concello está a facer a través da concesionaria do servizo de control de pombas, Rapiñas do Salnés Cetrería, unha campaña no casco urbano de Cerceda.
No caso de ser coñecedores de puntos nos que existan niños ou afluencia de pombas, póñanse en contacto co número de teléfono 656832191 (Evaristo).
Con data 30 de maio de 2019 reuniuse a Comisión de Baremación, Coordinación e Seguimento da Escola Infantil Municipal Os Pillabáns para a resolución das solicitudes de reserva de praza e de novo ingreso para o curso 2019/2020.
Valoradas as solicitudes de reserva de praza e baremadas as de novo ingreso, adxudicaronse as prazas segundo a puntuación obtida e atendendo aos criterios de prioridade establecidos no Artigo 14 do Regulamento da escola infantil municipal (BOP nº 75, do 21 de abril de 2017).
As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de dez días naturais a contar a partir da data desta publicación.
File | File size |
---|---|
LISTAXE ADMITIDOS E EN AGARDA CURSO 2019-2020.pdf | 282 kB |
Páxina 19 de 31
Concello de Cerceda
Validación W3C
Validación WAI-AA
[ : ; = · ] : rop bew oñesed
Este sitio web usa cookies para xestionar a autenticación, a navegación e outras funcións. Ao usar o noso sitio web, acepta que podemos colocar este tipo de cookies no seu dispositivo.
Nome da cookie | Dominio | Descrición | |
---|---|---|---|
(código alfanumérico) | cerceda.org | Cookie de sesión necesaria para o funionamento de Joomla! (esta web) que é eliminada cando se sae da web. | |
plg_system_eprivacy | cerceda.org | Almacena a túa escolla co consentimento de cookies. Ten un mes de duración. | |