Actualidade
Publicase o Bando de Exposición Pública dos Padróns Fiscais 2020. O prazo de exposición será dende o 17 de setembro de 2020, ata o día 20 de outubro, ambos incluídos.
Durante o prazo de exposición, pódense consultar na Deputación da Coruña, ou ben nas oficinas municipais, no Departamento de Intervención coa presentación do DNI da persoa contribuínte ou ben co recibo do imposto correspondente ao ano 2019.
Convocatoria de probas selectivas para a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as do grupo c, subgrupo c1, escala de administración xeral, subescala administrativa, polo procedemento de oposición libre.
Recordámosvos que nos núcleos urbanos de Cerceda e de A Silva temos colocados os colectores de cor laranxa para que todos os veciños depositen o aceite de cociña usado que se emprega nas casas.
Debedes de enchelo nunha botella de plástico transparente, pechala correctamente e deposítala no colector laranxa.

Javier Losada informa ó alcalde de Cerceda do proceso participativo do "Convenio de Transición Justa para Meirama"
Dende o Departamento de Benestar Social en coordinación con Fundación Mujeres, organízanse unha serie de talleres on line destinado a mulleres coidadoras. Os talleres divídense en 3 sesións on line.
É preciso inscribirse previamente antes do día 19 de xuño.
Para mais información poden chamar ao telf . 981 68 60 68.
1. PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS POR AGRICULTORES NON PROFESIONAIS:
Coa finalidade de regular as actividades realizadas por agricultores non profesionais, a Xunta de Galicia modificou a Orde publicada o 24 de marzo para facilitar estas labores.
Os agricultores non profesionais poderán desprazarse en todo o seu concello e no municipio adxacente para o coidado e a recolección de producións agrícolas.
Para poder xustificar estes desprazamentos deberán levar consigo unha declaración responsable na que se relacionen as fincas nas que van realizar estes cultivos ou traballos que se van realizar.
A Xunta estableceu que segundo o tipo de cultivo ou traballos poderán desprazarse ata 2 persoas, sempre polo período de tempo mínimo e imprescindible e gardando as distancias de seguridade e demais protocolos establecidos pola autoridade sanitaria.

2. PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS POR AGRICULTORES PROFESIONAIS:
Para este tipo de profesionais non se producen cambios relacionados co desenvolvemento da súa actividade (tanto para eles como para os seus traballadores)
Poderán seguir desprazándose para a realización dos traballos necesarios de atención e mantemento dos seus cultivos e viñedos; poderán acreditar a súa condición de profesionais coa súa inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.






