Aviso legal

O Concello de Cerceda pon a disposición da xente que navega por Internet a súa páxina web, co fin de proporcionarlles información e servizos. Esta institución non se fai responsable da información que outras persoas físicas ou xurídicas poidan ofrecer, ben a través da súa páxina ou de calquera outra que puidese estar relacionada con esta, nin se responsabiliza do uso que poidan facer terceiros da información aquí contida. O Concello de Cerceda pon nesta web un formulario de contacto a disposición dos usuarios e usuarias para que poidan manifestar a través del as súas queixas, comentarios, suxestión en relación coa información que se proporciona mediante este portal.

A propiedade intelectual de tódolos contenidos do sitio web (textos, imaxes, fotografías, debuxos, gráficos, software, etc.) corresponden ao Concello.

A disposición dos contidos á xente que visita esta web non implica en ningún caso a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito da explotación ao favor das persoas navegantes distinto do dereito de uso que comporta a utilización lexítima e acorde coa natureza do sitio web.

Calquer uso dos contidos do sitio web e, en particular a súa explotación, reproducción, difusión, transformación, distribución, transmisión por calquer medio, posterior publicación, exibición ou comunicación pública, as cales, de producirse, constituirán infracción dos dereitos de propiedade intelectual do Concello, sancionados pola lexislación vixente.

Actualización e modificación da páxina web

O Concello de Cerceda resérvase o dereito a actualizar, modificar e/ou eliminar a información contida na súa páxina web, así como a configuración e presentación dos seus contidos, en calquera momento, sen previo aviso e sen asumir responsabilidade algunha por isto.

Aspectos técnicos

Concello de Cerceda non asume ningunha responsabilidade que puidese derivar de problemas técnicos ou fallos nos equipos informáticos, non imputables á súa páxina web, que se produzan durante a conexión á rede de Internet, así como dos danos que puidesen ser causados por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control do Concello de Cerceda. Esta entidade tamén queda exonerada de toda responsabilidade ante posibles danos ou prexuízos que poida sufrir a persoa usuaria a consecuencia de erros, defectos ou omisións na información que se facilite cando proceda de fontes alleas ao Concello de Cerceda.