Servizos e equipamentos culturais

Neste apartado pode consultar a localización, a información de contacto e as características dos servizos e equipamentos con que conta o Concello de Cerceda para atender as necesidades da súa cidadanía.

Centro Social

O Centro Social de Maiores de Cerceda é un lugar de encontro en que se promove fundamentalmente a convivencia das persoas maiores co obxectivo de desenvolver a solidariedade e potenciar a integración persoal e comunitaria.

Desde o ano 2007, o Concello de Cerceda conta cunha aula de informática enmarcada dentro do proxecto da Rede da Dinamización da Sociedade da Información, actualmente coñecida como Rede de Centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica (Rede CeMIT).

A Escola Infantil Municipal Os Pillabáns é unha escola infantil de 0 a 3 anos que se define como un equipamento diúrno de carácter educativo e asistencial, dirixido ao sector infantil da poboación de ata tres anos de idade.

Protección Civil

Como membros dun servizo público de ámbito local, os voluntarios e voluntarias de Protección Civil do Concello de Cerceda traballan desde o ano 1999 na xestión de riscos e emerxencias que se producen no municipio, así como da rehabilitación mediante a restauración dos servizos esenciais e a recuperación da situación de normalidade tras a emerxencia.