Cerceda dispón dunha serie de espazos habilitados para usarse como aulas de formación e actividades varias.
- Aula de actividades do Centro Social do Moucho: está situada no primeiro andar do edificio do Moucho e nela desenvólvense nestes momentos actividades como o Obradoiro de memoria, o Curso de encaixe de bolillos ou a Ximnasia de mantemento.
- Aula de Cultura da Biblioteca Municipal: nela realízanse actividades durante as fins de semana. Ademais, serve tamén como sala de exposicións temporais. Está situada na Biblioteca Municipal, na praza da Cultura.
- Aula de Actividades do Centro Social de Rodís: a posta en marcha deste espazo responde en boa medida á necesidade de trasladar a oferta de actividades culturais, sociais, deportivas... fóra da capital municipal. Neste momento os usuarios e usuarias do Centro Social do lugar do Adro, en Rodís, poden asistir ás clases do Obradoiro de memoria que ten lugar os mércores de 11.30 a 12.45 horas.