Servizos e equipamentos culturais

Centro Social

Centro Social

O Centro Social de Maiores de Cerceda é un lugar de encontro en que se promove fundamentalmente a convivencia das persoas maiores co obxectivo de desenvolver a solidariedade e potenciar a integración persoal e comunitaria.

CENTRO SOCIAL
Andar baixo do Museo do Moucho
15185 Cerceda
Teléfono: 981 686 215
Horario: todos os días de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 22.00 horas

A actividade que as persoas maiores desenvolven no Centro Social fomenta a súa participación persoal e comunitaria e estimúlaas para levar a cabo accións de intercambio e de axuda mutua, co conseguinte beneficio que isto lle reporta á súa calidade de vida.

As actividades que se desenvolven ao longo do ano son as seguintes:

  • Festa do Entroido
  • Festa do Nadal
  • Magosto
  • Obradoiro de memoria
  • Ximnasia de mantemento
  • Bailes