Servizos e equipamentos culturais

Escola Infantil

Desde o ano 2007, o Concello de Cerceda conta cunha aula de informática enmarcada dentro do proxecto da Rede da Dinamización da Sociedade da Información, actualmente coñecida como Rede de Centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica (Rede CeMIT).

A Escola Infantil Municipal Os Pillabáns é unha escola infantil de 0 a 3 anos que se define como un equipamento diúrno de carácter educativo e asistencial, dirixido ao sector infantil da poboación de ata tres anos de idade.

ESCOLA INFANTIL
Rúa de Rosalía de Castro 15 - 17
15185 Cerceda
Teléfono: 981 685 458
Fax: 981 685 458

Ten por obxecto o desenvolvemento harmónico e integral dos nenos e das nenas. Realiza, ademais, un importante labor de apoio á función educativa da propia familia á vez que facilita o acceso dos pais e das nais ao mundo laboral.

A escola dispón de 41 prazas distribuídas en tres unidades:

  • Unidade de menores de 1 ano: cun número máximo 8 de nenas/os por unidade e adulta/o
  • Unidade de 1 a 2 anos: cun número máximo de 13 nenas/os por unidade e adulta/o
  • Unidade de 2 a 3 anos: cun número máximo de 20 nenas/os por unidade e adulta/o